Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
REUNIÓN SECRETARIO DEPORTES
A necesidade dun maior apoio do máximo órgano do Deporte Galego ao Deporte Cinexético
15/2/2011

Acompañado polos Presidentes Provincias, o Secretario Xeral e o Tesoureiro da FGC, o presidente da Federación, Javier Nogueira Diz mantivo na mañá de hoxe, 15 de febreiro, unha reunión con José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte.

No transcurso de dita reunión, o presidente da FGC expúxolle ao Secretario Xeral diversos temas relacionados coa Federación que el preside así como o seu funcionamento. Temas tales como o número de cazadores e sociedades de caza federadas que acolle dita federación así como porcentaxes de cazadores e sociedades federadas con respecto a totalidade existente na nosa comunidade. Deste informe tamén se desprenderon datos como que “preto dun 2% da poboación galega practica o deporte da caza, cifra que se duplica se nos referimos as provincias do interior”.

Na segunda parte da xuntanza, Javier Nogueira informou a José Ramón Lete da organización, por parte da FGC, de 88 campionatos de nivel provincial, autonómico e estatal na que participaron preto de 7.000 cazadores así como da actuación e medalleiro acadado, na pasada campaña, por parte das 15 seleccións galegas.

Outro punto do informe que expuxo o máximo responsable da Federación Galega de Caza ao Secretario Xeral foron datos relevantes extraídos do Estudio Socioeconómico da Caza e Perfil do Cazador Galego. Facendo referencia ao volume de negocio directo e indirecto que promove a actividade da caza, chegando aos 94.554.570 €, á altura de sectores tan puxantes dentro da economía galega como o vitivinícola. Datos como que o 72,40% dos cazadores residen no medio rural e o 14,20% dos cazadores superan os 65 anos de idade, tamén foron os expostos, entre outros.

Xa no remate da xuntanza, o presidente da FGC solicitou un maior apoio e axuda por parte do máximo órgano do Deporte Galego ao Deporte Cinexético para poder así afrontar os novos retos e actuacións previstas pola nova Xunta Directiva da FGC.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

.
17/04/2019
Rectificación

#DIADAMULLER
08/03/2019
A Federación Galega de Caza, coa folga feminista do 8M

#ACAZATAMÉNVOTA
25/02/2019
E de caza que?

REUNIÓN XUNTA DIRECTIVA FGC
07/02/2019
A renovada Xunta Directiva da FGC marca as directices desta lexislatura despois da primeira reunión de traballo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza