Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PREMIOS AO DEPORTE FEMININO
As cazadoras galegas non tiveron sorte nos Premios MUDEGA
31/3/2011

O pasado día 25 de marzo celebrouse na provincia de Pontevedra, a 1ª Gala do Deporte Feminino en Galicia organizado pola Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA). Con estes premios pretendeuse premiar o esforzo e dedicación de aquelas persoas e entidades que colaboran activamente para promover o deporte feminino galego.

Nesta primeira edición, as cazadoras galegas non tiveron sorte do seu lado e non acadaron ningún premio os que estaban nomeados. A FGC, como entidade deportiva, propuxera para estes premios a: María Cristina Sanmartín Porca (presidenta do Club de Amigos dos Cans de Caza e Vicesecretaria da FGC na Coruña) como Mellor Directiva; a Ana Isabel Arbiol Ledesma (actual Campiona de España de San Huberto) como Mellor Deportista Feminina; a María Luísa Rodríguez Rodríguez e María Dolores Bugarín Codeseda da Selección Galega de Percorridos de Caza con Arco (Campiona de España en Arco Tradicional e Medalla de Bronce en Arco asistido, respectivamente) como Mellor Equipo Feminino; O Diario de Pontevedra como Medio de Comunicación amigo do deporte feminino; a María del Carmen Iglesias Comesaña (Campiona do Mundo co Equipo Español de San Huberto en 2004, e varias veces entre as mellores de España da modalidade) como Premio a Traxectoria; a María del Mar Pérez Vázquez (Xuíza Nacional de San Huberto) como Mellor Árbitro ou Xuíza; a C.B. Arxil (Club deportivo de baloncesto feminino) como entidade privada máis colaboradora co deporte feminino e a Isabel Negreira Chaves (adestradora de cans campións de caza) como Mellor Adestradora.

A Federación Galega de Caza estivo presente no acto, apoiando ás súas deportistas, na persoa de Francisco Couselo e Rafael Sánchez Malvar, Presidente e Vicepresidente da FGC en Pontevedra respectivamente. Aproveitando esta ocasión, falamos con dúas das cazadoras candidatas aos premios sobre a sua afección á caza e a opinión que lle mereceu este acto, así como ca Presidenta da Asociación MUDEGA, Pilar Neira, e as súas impresións sobre o mundo da caza e as mulleres neste deporte.

Agardamos que en próximas edicións as nosas cazadoras galegas teñan o recoñecemento que se merecen e que a actividade cinexética no sexo feminino adquira ano tras ano un maior peso na sociedade.

 

Isabel Negreira Chaves
Candidata ao Premio á Mellor Adestradora, neste caso de Cans Campións de Caza

¿Qué razas de cans adestra? Aínda que eu tan so coñezo dúas… os bos e os malos
Si eu tamén so coñezo esas dúas. Deixando esas a un lado, a raza a que máis tempo dedico e ao Beagle en rastro e esporadicamente o Setter Inglés en pluma.

¿Dende cando lle comeza esta afección? ¿Quen é o culpable desta paixón?
Pois débese o matrimonio, a culpa sempre é dos homes. Dende que coñecín o meu home el sempre estivo moi relacionado coa caza e cos cans e dende aquela collín esta paixón. E agora mesmo non se sabe se ten el máis afección ou eu.

¿Os cans fanse ou nacen?
Os cans nacen dende logo, se un can non ten aptitudes naturais non hai nada que facer. O que pasa e que se ten aptitudes pero non se adestra e non se potencian esas aptitudes como e debido o can estrágase.
O importante nun can é a liña xenética que trae detrás, que sexan cans de liñas de traballo ou de beleza. As liñas de beleza son moi difíciles para intentar motivalos coa caza sen embargo as liñas de traballo tan so hai que espertarlles eses instintos de caza que teñen pero que teñen que sacalos a fora.

Aparte de adestradora tamén me imaxino que será cazadora, ¿non si?
Non, antes saía ca escopeta ao monte pero agora por problemas de saúde non o fago. Sigo saíndo o monte, sigo facendo xornadas de caza completas pero sen arma. É unha pena que non a poida portar, non porque eu precise abater pezas nin moito menos, si non polos cans que eles tamén teñen que ter a súa recompensa. Eu desfruto do mesmo xeito con escopeta que sen ela.

¿Qué lle pareceu esta I Gala do Deporte Feminino Galego?
Baixo a miña opinión, creo que estas galas están moi ben porque hai que dignificar a situación da Muller neste mundo. Ao longo da vida, as que somos mulleres vemos que si que hai diferenzas con respecto os homes, tamén hai desprezos. Eu non digo que os homes e as mulleres sexamos iguais porque non o somos nin o seremos; pero o que si teño claro e que non ten que ser un mellor que o outro, nin os homes son mellores que as mulleres nin o revés.

 

Entrevista a Mª del Carmen Iglesias Comesaña
Candidata ao Premio á Traxectoria Deportiva

Despois de percorrer o teu destacado palmarés, ¿Qué precisa unha deportista, unha cazadora para que sexa recoñecida publicamente e lle ofrezan o que se merece?
Non se precisa nada, simplemente que cho recoñezan. Temos un problema que é que aparte de ser mulleres somos cazadoras.

A sociedade ten os cazadores mal visto, no seu caso, na modalidade de San Huberto o público aplaude a rabiar e asiste a estas probas, polo tanto non coincide moito iso co que se esta demostrando, ¿non si?
O problema e ese, a xente que te mira sabe o que fas, a prensa xeneralista e deportista e os políticos non saben o esforzo que conleva estar aí. Ti non so vas a abater pezas, non saben que aí se xulgan outras cousas é non so as pezas que se abaten.

Dígame, en liñas xerais, ¿Qué lle pareceu esta I Gala do Deporte Galego Feminino?
En liñas xerais paréceme xenial que se recoñeza ou se empece a recoñecer o papel da muller no deporte.

Tamén ten estado en cargos directivos de sociedades de caza, ¿Cóntenos que cargos ocupou?
Si, era secretaria de caza da Sociedade Gondomarense.

¿Qué cans emprega vostede para a caza?
Cans de pluma, pointers e setters inglés.

¿So se dedica a pluma?
Si, tan so.

¿Algunha vivencia que recorde en especial das tantas que viviría?
Puidera ser o Campionato do Mundo pero sen embargo quedo con outro. En 2007, en Maceda de Cavaleiros, nun proba de 37 participantes no que todos eran homes menos eu conseguín acadar o terceiro posto. Iso valeu máis que un Campionato do Mundo

¿Cómo chegou vostede a ese Campionato do Mundo?
Naquel momento penso que tiña a mellor cadela que se podía ter que era “Kira da Chousa” era pura paixón, puro traballo e pura entrega; merecíase ser campiona de España e levarme o subcampionato do Mundo.

 

Pilar Neira
Presidenta da Asociación das Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA)

¿Qué significa para vostede esta I Gala Feminina do Deporte Galego?
Pois o máis importante era darlle significancia e visibilidade o deporte das mulleres, creo que nos merecemos ter un espazo nos medios de comunicación. E un pouco era ese o obxectivo, aquí en Galicia temos fenomenais deportistas en moitos deportes.

Entre eses deportes do que fala vostede atópase a caza, tivemos aquí mulleres cazadoras nomeadas pero polo que fose non saíron premiadas, ¿Qué ten que dicir vostede disto?
Pois teño que dicir que eu formei parte deste xurado e tanto Iglesias Comesaña como Negreira Chaves chegaron moi lonxe e estiveron as portas de levar o premio, pero o xurado o final e o que decide. Aproveito para felicitar a Federación Galega de Caza porque estas nomeadas comunicáronme o excelente trato igualitario que lle da esta Federación as mulleres. E dende aquí pódolle asegurar que dende a nosa páxina de MUDEGA comezarase a darlle maior visibilidade a caza.

Cónstame que a Federación Galega de Caza acolle de moi bo gusto e incentiva a chegada das mulleres a este deporte; o que pasa e que segue sendo minoritario para elas, ¿Qué nos pode dicir disto?
Lamentablemente moitos deportes aínda seguen sendo potestade dos homes, eu pensaba que a caza era un deles.

E xa para rematar, ¿Qué lle diría a tódalas mulleres é en especial as cazadoras?

Eu que procedo do fútbol, e con 47 anos que teño cando empecei eramos algo estraño, e elas sentiranse igual o estar nun deporte de homes polo tanto dicirlles que teñan moito ánimo, que estean aí e que nos, as mulleres, podemos facer bo deporte. Desexarlles un excelente futuro e que lle sigan demostrando os homes que queremos e podemos.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACIÓN
24/10/2023
Curso sobre a cría da perdíz

FESTA DA CAZA DE RODEIRO
18/11/2019
A climatoloxía non puido coa Festa da Caza de Rodeiro

CANS DE CAZA EN LALÍN
17/06/2019
II Exposición de Cans de Caza de Lalín

XORNADA SOLIDARIA
03/06/2019
A caza estará presente no 5º Día do Deporte Solidario de Área Central


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza