O pasado sábado 9 de abril, disputábase no campo de tiro de A Gudiña o Campionato Provincial de Ourense de Percorridos de Caza organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense en colaboración coa Sociedade Deportiva de A Gudiña.
Á proba acudiron un total de 10 tiradores e disputouse en catro campos sobre 100 pratos actuando como arbitro Casimiro Ucha Peña. O campionato transcorreu sen imprevistos agás do abandono de Manuel Enríquez Diéguez por motivos persoais.
A hora de deter o voo dos pratos foi Jorge Vázquez Iglesias o máis efectivo, escachando un total de 87 pratos converténdose deste xeito no Campión Provincial, seguido en segunda posición do pontevedrés Carlos Misa Alonso cun total de 78 pratos escachados. Completou o podio, con 76 pratos, José Luis Saavedra Barcia.
Na categoría sénior a clasificación estivo encabezada por Jorge Vázquez Iglesias, seguido de Carlos Misa Alonso e de José Antonio Vázquez Ribera en terceira posición con 67 pratos escachados.
Na categoría veteranos a primeira posición ocupouna José Luis Saavedra Barcia con 76 pratos, seguido con 75 pratos escachados por Eliseo Faraldo Fernández e xa na terceira posición con 73 pratos colocábase o coruñés Antonio Castro Ferreiro.
A Selección Provincial que representará a Ourense no Campionato Galego da modalidade estará composta por Jorge Vázquez, José Luis Saavedra, Eliseo Faraldo, Jorge Antonio Vázquez, Rubén Martínez, Hipólito Fernández e Vicente Martínez.