Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
IV GALA DEPORTE ORDES
O cazador José Antonio Brea recibe un recoñecemento especial do Concello de Trazo
14/4/2011

A Federación Galega de Caza estivo presente no acto apoiando coma sempre aos seus deportistas

Máis de catrocentos asistentes dábanse cita na Discoteca LP45 para presenciar a IV Gala do Deporte da Comarca de Ordes, que cada ano recoñece aos deportistas máis destacados desta comarca coruñesa, que comprende os concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

Neste evento entregábanse un total de 35 distincións aos deportistas e entidades deportivas máis destacadas do 2010 nesta comarca, entre os que se atopaba o cazador de Trazo José Antonio Brea Domínguez, que recibía un Recoñecemento Especial por parte do Concello de Trazo pola sua traxectoria no deporte da caza, que comezaba aos 18 anos e segue hoxe en día coa sua participación en competicións de raposo e a presidencia da Sociedade de Caza de Benmorre.

A Federación Galega de Caza estivo presente no acto para apoiar ao seu deportista galardoado e entregarlle persoalmente o premio, tarefa que levou a cabo o seu Secretario Xeral, Ramón Rodríguez Cobas.

Con este súmase un novo recoñecemento aos deportistas cinexéticos que ano a ano conseguen maior relevancia e protagonismo dentro do mundo do deporte en Galicia.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CRÍA E COIDADOS DO CAN DE CAZA
16/03/2019
Presentación da biblioteca cinexética de Mutuasport

FESTA DA CAZA DE TABOADA
11/03/2019
A “II Festa da Caza” de Taboada repetiu éxito

CURSOS FORMACIÓN
30/10/2017
Ampla e activa participación no II Curso de Formación de A Coruña

CARNE CAZA
22/5/2017
ASICCAZA achega o sabor e as bondades da carne de caza a máis de 400 nenos de Estremadura


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza