Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XV FESTA CAZA LUGO
Encontro cinexético en Portomarín
3/6/2011

A choiva intermitente non desluciu a xornada na que interviron máis de 200 participantes

Joaquín Fernández en Rastro de Xabaril, José Ignacio en San Huberto, Ángel Mosquera en Compak, Andrés Pena, tanto en continentais como en británicos, en Caza Práctica e Manuel Villar en Percorridos de Caza; foron os Campións Provinciais desta decimoquinta edición da Festa da Caza de Lugo organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo.

Xa na xornada do sábado día 28 de maio o Provincial de Compak Sporting desenrolado no Monte do Cristo daba o pistoletazo de saída a todo un fin de semana cinexético desenrolado, como ben sendo costume, nos montes do concello de Portomarín. Neste Campionato de Compak disputado a 50 pratos participaron un total de 25 tiradores e foi Angel Mosquera Cornide quen acadou o primeiro posto da clasificación xeral e se converteu así no novo Campión Provincial da modalidade. Francisco Javier Rivero Martínez foi o que, co mesmo número de pratos escachados que Mosquera, o que rematou no segundo posto da proba, seguido do tirador José Antonio Vasconcellos xa en terceira posición. Artemio Formoso na modalidade de HandiSport e Eliseo Faraldo na categoría de veteranos foron os campións.

Na xornada dominical do 29 de maio, o trasego de participantes nas diferentes modalidades e probas ateigaba os montes de Portomarín. As 9 horas, daba comezo a XVI edición do Campionato Provincial de Percorridos de Caza, puntuable para a Copa Galicia, disputado en 4 campos e sobre 100 pratos.  Á hora de deter as excelentes traxectorias realizadas polos pratos no Monte do Cristo, de entre os 36 participantes foi o tirador coruñés Antonio Iglesias Otero o que obtivo mellor atino obtendo o primeiro posto na xeral o escachar un total de 84 pratos. Seguiu moi de preto a Iglesias Otero, o tirador Martín Baquero Villafines no segundo posto co mesmo número de pratos. Completou o podio da clasificación xeral Jorge Vázquez Iglesias. Foi o tirador Artemio Formoso Barro o que quedou mellor situado na clasificación e polo tanto acadando o Campionato Provincial da modalidade. Belina García Curras en donas, Emilio José López Mosquera en veteranos e Artemio Formoso en HandiSport foron o resto de campións desta edición.

O XXII Trofeo Cidade de Lugo de Caza Práctica desenrolouse no Monte Castelo da parroquia de Vilaxuste en Portomarín. A esta fase provincial acudiron un total de 34 cans dos que 30 correspondían a razas británicas e 4 a razas continentais. Foi o lucense Andrés Pena o que amosou a súa supremacía obtendo o primeiro posto e 1º Exc. con Jana de Bosende en Británicos e con Piti de Bosende 1º Exc en Continentais. En Británicos foi Ada de Pedro Rodríguez cun 1º Exc. e Breco de Reinadama de Ana Arbiol con 2º Exc. os que acadaron o segundo e terceiro posto respectivamente.

Na modalidade de Cans de Rastro de Xabaril Atrelados, disputábase a XIII edición do Campionato Provincial puntuable para a Copa Galicia e a que acudían un total de 37 monteiros con 43 cans. Dos que tan so 11 accederían a fase final da mesma na que o coruñés Cándido Picón Domínguez co seu grifón azul de nome “Pinto” o que con 210,5 puntos acadaba o primeiro posto. O subcampionato foi recaer o sabueso “Brus” propiedade do tamén coruñés José Manuel Barreiro con 206 puntos. Ata a terceira posición tivemos que acceder para coñecer o novo campión provincial da modalidade, que nesta ocasión acadou o xove monteiro Joaquín Fernández Guerreiro co seu can “Rei” e un total de 200,5 puntos.

Na XVI edición do Campionato Provincial de Caza San Huberto acudiron un total de 9 cazadores lucenses para competir polo campionato provincial da modalidade. Na clasificación xeral foi José Ignacio Pérez o que co seu can “Zar” e con 72 puntos o que acadou este primeiro posto converténdose deste xeito no campión provincial. “Breco Reinadama” propiedade de Juan Carlos Arteche Castillo acadou un total de 65 puntos que o situaron no segundo caixón deste campionato seguido, xa en terceira posición, por René Vale García con “Top Du Val De D’Autan” e un total de 60 puntos.

Unha vez rematadas tódalas competicións, participantes, organización, público e autoridades disfrutaron dun xantar de irmandade na que se deron cita máis de 450 comensais.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

NACIONAL DE PERCORRIDOS ARCO
30/09/2024
Gran participación dos arqueiros galegos no Nacional

AUTONÓMICO DE CANS DE RASTRO COELLO
30/09/2024
Os beagles do coruñés Daniel Bouzas acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL COELLO PONTEVEDRA
23/09/2024
O lote propiedade de Jaime López proclamouse campión provincial na Laxe

PROVINCIAL CORUÑA COELLO
16/09/2024
José Antonio Fernández e os seus beagles acadan o primeiro posto do provincial coruñés de coello


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza