Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAN DE OURO
Jorge Martín en San Huberto e Pablo Cambón en Rastro de Coello foron os gañadores
13/7/2011

O pasado sábado 9 de xullo, tivo lugar en Mazaricos (A Coruña), concretamente no Monte da Ruña, o I Campionato Can de Ouro Costa da Morte nas modalidades de San Huberto e Rastro de Coello, ámbalas dúas probas organizadas polo Clube de Amigos dos Cans de Caza e puntuables para a Copa Galicia da especialidade. Colaboraron para o desenrolo da proba, entre outros, a Federación Galega de Caza en A Coruña e a Sociedade de Caza Halcón de Mazaricos.

San Huberto
Na especialidade de San Huberto participaron un total de 15 participantes divididos en dous campos, dos cales dous cazadores de cada campo pasarían o barrage final. Todo transcorreu sen imprevistos, a excepción dun pequeno retraso debido a presenza de néboa nos terreos onde se disputou o campionato. Terreos estes moi propicios para o desenrolo deste tipo de probas. Unha vez disputado dito barrage, os xuíces da proba, Marcial Ramírez e Manuel Rebordelo, outorgaron a Jorge Martín Sánchez co seu pointer “Era” o primeiro posto o acadar un total de 91 puntos. Detrás del situouse Carlos Lalín con 65 puntos e xa en terceira posición e cun percorrido de 60 puntos quedaba Rubén Boquete Varela.

Rastro de Coello
Na modalidade de Rastro de Coello, houbo unha elevada participación intervindo un total de 41 lotes repartidos en 8 campos. Os campos non presentaban unha ateigada densidade de coellos pero si de coellos salvaxes e suficientes para permitir disfrutar tanto os participantes como xuíces e público de numerosos levantes e persecucións.

Nesta ocasión, actuaron como xuíces José A. Montoiro, Nicolas Castro, Manuel Vázquez, Emilio Vila, Silverio Liñares, Antonio Suárez, Ramón Barreiro, José María Álvarez e, como auxiliar, Mario Dios.

O lote formado por “Risco”, “Vela”, “Clio” e “Mac” propiedade de Pablo Cambón Bertoa upouse o máis alto da clasificación o obter un total de 546 puntos. A presentación do lote de José País Serrano acadou un total de 541 puntos converténdose deste xeito no segundo clasificado. Completou o podio o lote propiedade de Jaime López con 538 puntos, quen tamén obtivo o premio o mellor can da proba coa Beagle “Tima” ao acadar 153 puntos.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza