CANS PARADA CORUÑA

Pedro Rodríguez con “Sol” acada un 1º EXC en Cedeira

No campionato participaron un total de 38 cans

O pasado 25 de xullo, tivo lugar o Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Parada, que nun primeiro momento estaba previsto que se disputase o pasado día 16 pero que por das pésimas condicións climáticas existentes nos terreos da proba fixo imposible a súa celebración en dita data.

A esta edición da fase provincial organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade de Cazadores do Tecor de Cedeira acudiron un total de 38 cans, dos cales 4 corresponderían a Razas Continentais e 34 a Razas Británicas, non presentándose ningún can na modalidade Springels.

Nesta ocasión, foron os xuíces Marcial Ramil Hermida, Esteban Cambón Bertoa e Antonio González Álvarez, auxiliados por Pedro Varela Abeledo e José Moure Caneda os que determinaron a clasificación deste Campionato Provincial sendo o primeiro clasificado, en Británicos, Pedro Rodríguez con “Sol”, acadando o seu macho de setter inglés unha calificación de 1º EXC. O segundo posto recaeu en Carlos Lalín coa súa femia de pointer de nome “Koka” e unha calificación de 2º MB. Mesma calificación para “Hada” tamén de Pedro Rodríguez que acadou deste xeito o terceiro posto. En Razas Continentais os xuíces determinaron que non houbo ningún can merecedor de ser clasificado.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.