Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS DE PARADA
Alejandro Lorenzo co pointer “Maco” 1º EXC en Baiona
9/8/2011

Proba puntuable para a Copa Federación

Na xornada dominical de onte día 7 de agosto, desputouse en Baiona (Pontevedra), concretamente no Tecor de As Tres Bes, unha proba puntuable para a Copa Federación de Cans de Parada.

Na proba, que discorreu según o previsto, interviron un total de 27 cans, dos cales 5 pertenecían a Razas Continentais e 22 a Razas Británicas. Nesta ocasión actuaron como xuíces Marcial Ramil Hermida e Santiago Saavedra Cuiña, que unha vez reunidos co Xurado de Competición decidiron a clasificación do seguinte xeito.

Na categoría de Razas Británicas foi Alejandro Lorenzo Concesa o que acadou o primeiro posto co seu pointer macho de nome “Maco” é unha calificación 1º EXC. No segundo posto situouse Iván López López coa setter inglés “Sela” é unha calificación de 2º EXC. E foi o setter inglés “Xerife” propiedade de Javier Álvarez Santamarina o que obtivo unha calificación de 3ºMB que lle serviu para auparse o terceiro posto.

Xa na categoría de Razas Continentais o primeiro posto foi ocupado por Iker Cenzuel Delgado co spaniel bretón “Dardo” e unha calificación de 1º MB. A braco alemán de nome “Aris” e propiedade de José Vicente Cortes Doce foi a que obtivo o segundo posto con 2º MB.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

NACIONAL DE PERCORRIDOS ARCO
30/09/2024
Gran participación dos arqueiros galegos no Nacional

AUTONÓMICO DE CANS DE RASTRO COELLO
30/09/2024
Os beagles do coruñés Daniel Bouzas acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL COELLO PONTEVEDRA
23/09/2024
O lote propiedade de Jaime López proclamouse campión provincial na Laxe

PROVINCIAL CORUÑA COELLO
16/09/2024
José Antonio Fernández e os seus beagles acadan o primeiro posto do provincial coruñés de coello


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza