30 de novembro de -0001
SEMANA IBÉRICA

Boa actuación dos deportistas galegos de San Huberto na Semana Ibérica de Valladolid

A pasada fin de semana, un total de 16 galegos desprazáronse a terras leonesas para participar no Campionato de San Huberto enclavado dentro do programa de actividades da Semana Ibérica de Caza e Pesca celebrada en Valladolid.

Unha vez comezada a proba e tras participar todos os concursantes nos respectivos ternos, os xuíces decidiron que pasarían o barrage final os galegos Carlos Lalín Ferreiroa coa pointer femia “Koka Da chousa” e René Vale García co seu setter inglés macho “Top du Val d`Autan”, entre outros.

Tras a disputa do barrage final, o galego René Vale acadaba a segunda posición e Carlos Lalín era cuarto, poñendo en evidencia a boa actuación dos deportistas galegos nesta competición.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.