PREMIOS DEPORTE LUCENSE

A arqueira María Luísa Rodríguez, Deportista Lucense do Ano na categoría de Caza

O auditorio Gustavo Freire de Lugo acollía no día de onte a sétima edición dos Premios ao Deporte Lucense, que cada ano organiza o xornal El Progreso.

Estes premios recoñecen cada ano aos mellores deportistas da provincia de Lugo en tódalas disciplinas. En caza, foi a arqueira monfortina María Luísa Rodríguez a que resultou favorita das votacións, cun total de 1655 votos. O seu exitoso ano 2011, cun Campionato de España e un Subcampionato Galego de Percorridos de Caza con Arco valéronlle o recoñecemento como unha das mellores deportistas lucenses do ano.

Outra deportista cinexética lucense como a ex -campiona de España de San Huberto Ana Isabel Arbiol foi segunda nas votacións.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.