30 de novembro de -0001
CAZA MENOR OURENSE

Jaime Pintos é o novo Campión Provincial

O pasado 29 de outubro, desputouse no Tecor de Xinzo de Limia o Campionato Provincial de Ourense de Caza Menor con Can baixo a organización da Federación Galega de Caza en Ourense e a Sociedade de Cazadores de dito Tecor.

Ao campionato acudiron un total de 11 cazadores, que no transcurso da xornada poideron desfrutar dunha excelente actividade cinexética, froito desto foi o amplo número de pezas abatidas.

Unha vez pechado o control, o Xurado de Competición, á vistas das pezas aportadas polos participantes, declararon definitiva a clasificación do seguinte xeito: Campión Provincial Jaime Pintos Davila cun total de 4 pezas abatidas e 920 puntos. O subcampionato foi para Manuel Marcos Pérez González con 2 pezas e 400 puntos. Compretou o podio Jonatan Cano Vázquez con 3 pezas e 350 puntos.

Estos tres primeiros clasificados xunto con Jorge Vázquez Iglesias representaran á provincia de Ourense no vindeiro Campionato Galego de Caza Menor con Can.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.