Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
NOVA LEI DE MONTES
Reúnese o Consello Forestal para estudar o borrador da nova lei tralo prazo de alegacións
9/11/2011

As alegacións presentadas pola FGC foron estudadas, matizadas e finalmente aceptadas.

O Consello Forestal de Galicia presidido polo Conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, acompañado do Director Xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, e do Subdirector de Recursos Forestais, José Luis Chán, reuníanse hoxe en Santiago de Compostela, con carácter extraordinario, para estuda-lo borrador da nova Lei de Montes de Galicia, buscando o maior consenso entre os diversos sectores afectados.

A Federación Galega de Caza, representada polo seu presidente, Javier Nogueira, tamén estaba presente nesta convocatoria, na que o Consello deu o visto e prace ao borrador unha vez recollidas, entre outras, as emendas presentadas polo ente federativo ao proxecto da Lei de Montes. A Federación logrou introducir matizacións e modificacións específicas en relación coa actividade cinexética.

O primeiro borrador contemplaba o cambio da actividade forestal a agrícola pero o texto actual matiza precisamente que se poderán realizar, previa autorización dos propietarios do terreos e da Administración, o cambio da actividade forestal a agrícola matizando co fin de mellora-lo hábitat das especies cinexéticas.

O artigo referente aos servizos do monte establecía que para poder celebrar actos deportivos, con afluencia de público indeterminado, fose precisa a autorización da Administración Forestal, co cal os campionatos e eventos deportivos que organiza a FGC ademais de contar co preceptivo permiso da Dirección Xeral de Conservación da Natureza como ben sendo habitual, debería contar tamén co da Dirección Xeral de Montes; a este respecto a proposta da Federación, que pedía simplifica-los trámites burocráticos, a nova redacción establece que na celebración de actos relacionados coa caza ou pesca fluvial, as autorizacións serán competencia do órgano competente en materia de conservación da natureza.

O artigo 98, relativo ás pistas forestais, fóra da rede de estradas, limitaba a circulación con vehículos a motor ás servidumes de paso, non pudendo facelo en actitude deportiva, o que tamén  afectaría á caza dado que os cazadores para achegarse ao cazadoiro precisan na maioría dos casos trasladarse en vehículo. Neste senso o novo proxecto recolle tamén a alegación federativa, e unicamente limita a circulación con vehículos a motor cando esta se realice en actitude de condución deportiva. O mesmo artigo establecía que cando se celebrasen eventos culturais e deportivos alleos á propiedade, onde se producise un aumento excesivo de usuarios, fora preceptiva a autorizacións expresa dos titulares dos terreos; a FGC entendía, e así o propuxo á Consellería, que os tecores, onde se desenvolve a actividade cinexética ou se disputan competicións derivadas da mesma, están constituídos en base á cesión dos dereitos cinexéticos que realizaron no seu momento os titulares dos terreos, e pedía que se suprimise a nova autorización dos propietarios para realizar actividades ou eventos; o novo texto exclúe a autorización expresa dos titulares dos terreos no caso de actos relacionados coa caza e traslada a competencia nesta materia a Conservación da Natureza, órgano do que dependen os tecores de Galicia.

E por último, dicir que a Disposición derradeira primeira do Borrador da nova Lei de Montes, que modifica o artigo 31 da Lei de Incendios, limitaba o aproveitamento cinexética nas  ZAR (zonas de alto risco de incendios), cando o IRIDI (índice de alto risco de incendios) fora moi alto ou extremo. A proposta da FGC o novo borrador establece que o disposto no artigo 31 da Lei de incendios non se aplicará en ningún caso aos predios rústicos de réxime cinexético especial, permitíndose por tanto a actividade cinexética nos terreos cinexéticamente ordenados, entre outros. Neste senso, convén destacar que esta modificación leva consigo a posibilidade de realizar ganchos, monterías, adestramento de cans, e calquera outra actividade cinexética durante os meses de estío, o que sería imposible de non ter sido modificada a anterior redacción.

O Presidente da FGC, aproveitou a xuntanza para agradecer e destaca-la actitude da Consellería, en especial da Dirección Xeral de Montes, no desenvolvemento da redacción do borrador da Lei, mesmo abrindo unha segunda rolda de consultas á vista de que na primeira non se obtivo o consenso social esperado; tamén destacou a forma de participación por mesas sectoriais resultando máis operativa que as xuntanzas entre sectores tan diversos, sendo labor da propia Consellería coordinar as distintas achegas e reflectilas no propio borrador.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza