30 de novembro de -0001
ARCEAS CORUÑA

Cancela Rama é o novo campión provincial

Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas

O pasado sábado 26 de novembro, disputouse no Tecor de Bergantiños Norte a fase provincial de A Coruña de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e dita Sociedade de Cazadores.

Ata un total de 37 cazadores coruñeses non quixeron perderse a cita deste campionato provincial e así tentar acadar unha praza para a fase autonómica da modalidade.

Cun pequeno retraso na saída, os participantes fóronse espallando polo montes deste Tecor ao mesmo tempo que as primeiras detonacións se fixeron escoitar dende o control, preludio do que podía ser unha entretida xornada de caza.

Numerosos avistamentos de picudas e 8 arceas entregadas no control foi o saldo desta edición do Campionato Provincial que deu como gañador a Manuel Cancela Rama con 2 arceas e 1000 puntos. No segundo posto situouse Francisco Viqueira Castro con 1 arcea e 500 puntos, o mesmo número de pezas e puntos acadou José Constantino Domínguez Agulleira que acadou o terceiro posto.

Fabián Barge Vilela, Jesús Manuel Amado Varela, Alberto Cancela Facal e os tres primeiros clasificados citados anteriormente conformarán a representación da provincia de A Coruña no vindeiro Campionato Autonómico da modalidade.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.