Observatorio da Caza
Estudo da caza en Galicia
Proxecto ARCEA
Sobre o proxecto
Estudo e xestión da poboación de arcea (Scolopax rusticola) en Galicia
A coordinación do censado da arcea en Galicia é un dos puntos do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a Federación Galega de Caza para o ano 2025.
Prazo pechado para a tempada 2025/2026
As inscricións como censador de arcea para esta temporada xa remataron
Como participar
Se es cazador federado e desexas participar neste programa de censo de arceas deberás cumplimentar o boletín do censador. Dito boletín deberá ser asinado e remitido a calquera das oficinas da FGC.
Descargar boletín do censadorLigazóns relacionadas
Compromisos do censador
A persoa que participa neste programa de censado comprométese a:
Realizar, como mínimo, 6 xornadas de caza/censo nos períodos hábiles determinados na resolución pola que se determinan as épocas hábiles de caza na tempada vixente.
Trasladar os datos recollidos en ditas xornadas ao formulario ao que terán acceso os cazadores/censadores autorizados.
Contar coa autorización dos Tecores onde pretende cazar/censar (tarxeta ou similar).