Inicio Calendario Buscar Contacto

 
INFORMACIÓN XERAL
Introducción
Estatutos
A nosa afiliación
A caza que defende a FGC
Actividade
Contacto
 
ESTRUCTURA FEDERATIVA
Saúda do Presidente
Organigrama
A FGC en A Coruña
A FGC en Lugo
A FGC en Ourense
A FGC en Pontevedra
 
A Federación
A FGC NA CORUŅA
Federación Galega de Caza en A Coruña
Rúa Vila de Caión, 27 Baixo 2A
15100 Carballo (A Coruña)
Tlf: 981 70 29 57 / Fax: 981 75 50 74
 
Saúda do Presidente

            As novas tecnoloxías da información deron un salto ás nosas vidas, aos nosos traballos, e dende agora tamén ao noso deporte, e estanse a facer imprescindibles para alcanzar os grados de benestar que todos desexamos, polo que agardo e desexo que esta páxina web da Federación Galega de Caza vos sirva como ferramenta de información e divulgación, xa que a rapidez que proporciona a comunicación a través de internet, instantánea desde calquera lugar do mundo, é só comparable ao descubrimento do teléfono para conversar a distancia.. O acceso a informacións e servicios que nos proporciona o contido das páxinas web non se coñecía ata fai poucos anos. Dende un ordenador conectado a unha liña telefónica, dende a nosa casa, o noso posto de traballo, e incluso dende o móbil, podemos acceder a información que antes só estaba ao alcance duns poucos.
            Baixo esta filosofía, dende a Federación queremos sumarnos a esta auténtica revolución social, co fin de manter debidamente informados a tódolos usuarios, tanto do noso colectivo como visitantes en xeral que queiran coñecer de preto as nosas actividades, as nosas inquedanzas e, como non, as nosas historias.
            Dende esta Delegación Provincial da Coruña, situada no concello de Carballo, animámolos a que se conecten connosco, que nos transmitan as súas queixas, as súas ideas, os seus proxectos, porque o noso principal obxectivo non é outro que a defensa e promoción da caza,  o apoio en tódalas iniciativas de defensa da natureza e das especies en xeral, impulsando a organización de distintos eventos deportivos, cun apoio especial a tódolos deportistas, e, como non, poder atendelos e prestarlles os mellores servicios tanto ás Sociedades de Caza como a todo o colectivo en xeral.
            A todos a miña mais sincera benvida, emprázolles unha vez mais a que nos visiten tanto a través destas páxinas como persoalmente nas nosas oficinas, onde estaremos gustosos de poder atendelos.

Manuel Saa Casariego
PRESIDENTE

 
Organigrama FGC A Coruņa

PRESIDENTE
Manuel Saa Casariego

VICEPRESIDENTE 1º
José Ramiro Patiño Canedo

VICEPRESIDENTE 2º
José Andrés Freire Ares

TESOUREIRO
Emilio Vila Torreira

SECRETARIO XERAL
Carlos Alberto Sanjurjo Vieites

VOGAIS
Manuel Vázquez Gómez
Ramón Bértoa Suárez
José Sánchez Brea
Pedro Nieto González
Eloy Rodríguez Martínez
José Sanmartín Pérez
María Cristina Sanmartín Porca



Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza