Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Descargar en PDF Imprimir
CAZA MENOR
Bernardo Traseira Rois foi o gañador do Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can
28/10/2009

O pasado dia 24 de outubro celebrábase no Tecor Terra Cha, no Concello de Pastoriza, o Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can, organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo  en colaboración coa Sociedade de Cazadores da Terra Cha.

A proba, que comezaba as 9.00h da mañá, contaba cun total de 19 participantes que representaban a outras tantas Sociedades de Caza. Rematada a proba as 14.00h, foi o cazador Bernardo Traseira Rois quen, ao capturar tres perdices, se alzaba co Campionato Provincial, cun total de 1530 puntos. O segundo clasificado foi Andrés Pena Vázquez, que capturaba duas perdices e polo tanto acadaba 1020 puntos. Alonso López Fernández era o terceiro clasificado da competición, ao rematar a proba capturando tamén 2 perdices e polo tanto con 1020 puntos.

CLASIFICACIÓN

Pos

Cazador

CAPTURAS

Puntos

Bernardo Traseira Rois 

3 perdices

1530

Andrés Pena Vázquez

2 perdices

1020

Alonso López Fernández

2 perdices

1020

Cristian Fernández Abuín

1 perdiz, 2 agachas

910

Antonio González Álvarez

3 agachas

600

Os seguintes cazadores clasifícanse para o Campionato Galego da modalidade: Bernardo Traseira Rois, Andrés Pena Vázquez, Alonso López Fernández, Cristian Fernández Abuín e Francisco Javier López Salvador.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO DE CAZA MENOR ADAPTADO
14/10/2019
O galego Artemio Formoso gañador do primeiro Campionato de España de Caza Menor con Can para Cazadores Adaptados

NACIONAL DE PERCORRIDOS DE ARCO
07/10/2019
Dolores Bugarín, Jacobo Santoro, Lee Ramsdale e José Caruncho foron os arqueiros galegos que troixeron medallas para Galicia

GALEGO DE RASTRO DE COELLO
05/10/2019
O muradán Alfonso Rey proclámase en Valga Campión Galego de Rastro de Coello

CARA DE CAN
30/09/2019
Francisco Bautista con “Rambo” gañador na Cañiza do “Cara de can”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza