31 de agosto de 2026
CAMPIONATO GALEGO DE CANS DE PARADA

O setter “Roi de Vilar de Donas” de René Vale e o braco “Iron de Mancofa” de Jaime Aneiros proclamáronse campións galegos de cans de parada

O GAÑADOR DA PROBA COPA GALICIA “FEDERACIÓN GALEGA DE CAZA DE CANS DE PARADA” EN BRITÁNICOS FOI O POINTER “JELOU DE TORRES DE VARELA” DE CARLOS LALÍN FERREIROA E EN CONTINENTAIS O BRACO ALEMÁN IRON DE MANCOFA DE JAIME ANEIROS LEIRA.

NA PROBA DE INICIACIÓN O 1º EXCELENTE FOI PARA A SETTER INGLÉS “CLEO DEL TAMBRE” DE RAÚL MARTÍNEZ MOSTEIRO.

Esta edición disputouse, o pasado sábado 29 de agosto, nos terreos do Tecor de San Sadurniño (A Coruña), contando coa inestimable colaboración do directivo Edelmiro Leira, que puxo todo o seu empeño e traballo de maneira desinteresada en colaboración coa FGC e o Delegado Técnico para que esta competición fora todo un éxito en tódolos aspectos, destacando a participación con corenta e tres cans inscritos nas dúas probas.

Sobre uns excelentes terreos como así comentaron os xuíces no “rapport”, comezaban os primeiros turnos sobre as 8:45 horas, dividíndose en dous campos: un para as baterías de británicos e continentais e outro para a proba de iniciación. A choiva, que fixo a súa presenza a media mañá, o vento cambiante de sur a suroeste e unha boa temperatura foron os protagonistas durante a competición, facendo que se viran grandes turnos e excelentes exemplares como así o reafirmaron os xuíces nos seu comentarios ao igual que agradeceron o gran traballo dos “sembradores” (Roberto, Javier, Fabián e Miro) para que tódolos turnos tiveran ocasión de ter caza sobre o terreo. Grazas a ese inestimable traballo obtivéronse once resultados en británicos e continentais e oito na proba de iniciación.

Unha vez rematados os turnos e despois dos cobros, o gañador da proba Copa Galicia “Federación Galega de Caza de Cans de Parada”, segundo o criterio dos xuíces Antonio González e Miguel Montoiro, foron en británicos o pointer “Jelou de Torres de Varela” de Carlos Lalín Ferreiroa e en continentais o braco alemán “Iron de Mancofa” de Jaime Aneiros Leira, quedando a clasificación do seguinte xeito:

EN BRITÁNICOS:

  • 1º EXC “Jelou de Torres de Varela” (PM) de Carlos Lalín Ferreiroa
  • 2º EXC “Roi de Vilar de Donas” (SIM) de René Vale García
  • 3º MB “Panadar Cholo” (SIM) de Carlos Lalín Ferreiroa
  • 4º MB “Ralf Fillidium” (SIM) de José María Carnota Ríos
  • 5º MB “Ugo de Valdichiana” (SIM) de Andrés Pena Vázquez
  • 6º MB “Ferko de Piago” (SIM) de René Vale García
  • 7º MB “único” (SIM) de Antonio Vilar Vigo
  • 8º MB “Nagallan de Torres de Varela” (PM) de Carlos Lalín Ferreiroa
  • 9º MB “Puskas dos Bornes” (PM) de José María Carnota Ríos

EN CONTINENTAIS:

  • 1º MB “Iron de Mancofa” (BAM) de Jaime Aneiros Leira
  • 2º MB “Coco de Poldarriba” (BAM) de José Vicente Cortés Doce

Na proba de iniciación, que foi xulgada por José Ángel Seco, o gañador foi cun 1º EXC a setter inglés “Cleo del Tambre” de Raúl Martínez Mosteiro, quedando a clasificación co seguinte orde:

  • 1º EXC “Cleo del Tambre” (SIF) de Raúl Martínez Mosteiro
  • 2º EXC “Umia de Pasarín” (PF) de José María Carnota Ríos
  • 3º EXC “Gol” (SIM) de Lidia Almeida de Oliveira
  • 4º MB “Hiena da Brisa” (SIF) de Eliseo Faraldo Fernández
  • 5º MB “Zurda dos Ventos do Garlam” (SIF) de Fabián Barge Vilela
  • 6º MB “Kenia da Pardineira (SIF) de Eduardo Allende Seijo
  • 7º MB “Edem del Tambre” (SIM) de Raúl Martínez Mosteiro
  • 8º MB “Kay da Pardiñeira” (SIM) de Lidia Almeida de Oliveira

Unha vez rematada a competición e despois de sumar os puntos desta proba da Copa Galicia, o Director da Proba deu o resultado da clasificación do XXXVI Campioato Galego de Cans de Parada “Xunta de Galicia”, quedando do seguinte xeito:

EN BRITÁNICOS:

  • 1º campión galego: “Roi de Vilar de Donas” (SIM) de rené vale garcía
  • 2º subcampión galego: “Zafir de Piago” (SIM) de René Vale García
  • 3º clasificado: “Panadar Cholo” (SIM) de Carlos Lalín Ferreiroa
  • 4º clasificado: “Jelou de Torres de Varela” (PM) de Carlos Lalín Ferreiroa

EN CONTINENTAIS:

  • 1º campión galego: “Iron de Mancofa” (BAM) de Jaime Aneiros Leira
  • 2º subcampión galego: “Coco de Poldarriba” (BAM) de José Vicente Cortés
    Doce

Estes seis cans e os seus condutores formarán a Selección Galega que nos representará no vindeiro Campionato de España de Cans de Parada.

Unha vez rematada a entrega de premios, o Director da Proba pasoulle a palabra ao Presidente do Tecor de San Sadurniño, Roberto Rey, que dirixiu unhas palabras aos participantes, seguidamente o Director da Proba cerrou o acto con agradecemento a Sociedade de Caza en especial a Edelmiro Leira, aos xuíces pola súa indispensable labor,  os “sembradores” polo seu excelente traballo e a tódolos participantes pola súa presenza e traballo, tamén escusou ao Presidente da Xunta Xestora da Federación Galega de Caza, D. Luís Eusebio Fidalgo, ao atoparse de viaxe de traballo da Federación.

Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport, Touceda e Arion.

Patrocinado por

Deporte Galego Mutuasport Arion Proxecta Galicia Touceda

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.