Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PERDIGÓN ECOLÓXICO
A Comisión conclúe que non houbo irregularidades no proxecto
22/5/2012

A pasada semana convocaba unha rolda de prensa para presentar o informe de conclusións.

A Comisión nomeada pola RFEC o pasado 14 de decembro para revisar e controlar o proxecto sobre o perdigón ecolóxico, veu en publicar esta pasada fin de semana un informe onde se contemplan doce conclusións, e que veñen a confirmar a inexistencia de calquera tipo de irregularidade contable ou malversación de fondos destinados para a investigación do perdigón ecol&xico.

O destino dos fondos xestionados derivados deste proxecto dende os seus inicios, pódese concluír fehacentemente que se destinaron ao pago das facturas e servizos orixinados no proceso, téndose contrastado e verificado mediante os correspondentes documentos”, recolle o informe.

A Comisión, formada por José María Usarraga, José María Mancheño, Francisco Piera, Óscar Jurado e o Presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, pechaba así a polémica suscitada nos pasados meses ao respecto deste proxecto.

Pode descargar o informe completo de conclusións nesta ligazón:
Descargar informe

Foto: Cazawonke

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza