Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PERCORRIDOS DE CAZA
Iglesias Otero impúxose no "Memorial Cea Seoane"
14/8/2012

Tirada de Percorridos de Caza Memorial José e Manuel Cea Seoane puntuable para a Copa Galicia da especialidade

O pasado 11 de agosto tivo lugar no campo de tiro da Sociedade Deportiva Río Sar unha tirada de Percorridos de Caza “Memorial José e Manuel Cea Seoane” organizada por dita Sociedade Deportiva e contando coa colaboración da Federaci&n Galega de Caza.

Nesta xa habitual cita anual da Sociedade Deportiva Río Sar participaron un total de 52 tiradores que en dúas liñas de tiro enfrontáronse a 100 pratos dos que constaba a proba.

Unha vez que os 100 pratos voaron nas instalacións de Río Sar, foi o tirador Antonio Iglesias Otero, actual campión galego da especialidade, o que resultou gañador absoluto ao derribar un total de 87 pratos. En segunda posición e a tan so dous pratos de Iglesias Otero, situouse Juan Sexto con 85 pratos escachados. O terceiro caixón ocupouno José Luís Sánchez Mancebo con 84 pratos derribados.

Na categoría de veteranos o gañador foi Gabino Villamor Vázquez con 82 pratos.

Na categoría de Handisport o tirador Artemio Formoso Barro completaba un percorrido de 79 pratos converténdose deste xeito no gañador.

E xa en superveteranos o primeiro posto recaeu en Ángel Mosquera Rodríguez con 75 pratos escachados.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
15/04/2024
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra

RASTRO XABARIL SALVAXE CODESEDA
10/04/2024
Iago Vázquez con “Yerry” campións en Codeseda

COPA GALICIA CANS DE PARADA
30/03/2024
“Chico do Cereixal” de Antonio Vilar e “Iron” de Jaime Aneiros foron os Campións Galegos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza