30 de novembro de -0001
RASTRO COELLO CORUÑA

O lote propiedade de Casas Cambón adxudícase o provincial

Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro sobre Coello

O pasado 8 de setembro disputouse no Tecor coruñés de San Mamed de Dumbría o Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro sobre Coello organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e contando coa colaboración de dita Sociedade de Cazadores.

Á proba acudiron un total de 15 participantes cos seus respectivos lotes de catro cans e sendo xulgados polos xuíces Emilio Vila Torreira, José María Álvarez Villar, José Montoiro González e José Ramón Barreiro Varela.

O lote composto por “Eros”, “Era”, “Tula” e “Sanz” propiedade de Juan Carlos Casas Cambón foi o que se impuxo nesta edición do Campionato Provincial de Rastro de Coello ao obter unha puntuación de 527 puntos. En segunda posición situouse o lote composto por “Efren”, “Clio”, “Alasca” e “Eira” propiedade de José Luís Calvo Vázquez e 516 puntos. O terceiro caixón do podio foi ocupado polo lote conducido por Luís Miguel Veiga Vázquez composto  por “Coco”, “Eva”, “Cana” e “Cholo” acadando unha puntuación de 506 puntos. Estes tres primeiros clasificados serán os representantes da provincia de A Coruña no vindeiro Campionato Galego da Especialidade.

O can “Alaska” propiedade de José Luís Calvo Vázquez con 141 puntos foi nomeado como mellor can da proba.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.