Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ESTUDO
FEDENCA solicita a colaboración dos cazadores de rula para levar a cabo un proxecto de recuperación
13/9/2012

Co fin de elaborar un proxecto de recuperación da rula (tórtola), a Fundación FEDENCA da Real Federación Española de Caza comezou a repartir entre os cazadores unha ficha que pretende recabar datos sobre as cacerías desta especie e así coñecer a saúde actual desta ave.

Coa información recollida, FEDENCA levará a cabo un estudo para por de manifesto, entre outros asuntos, a sostenibilidade desta especie, abundante en moitas zonas da nosa comunidade autónoma.

Todos aqueles organizadores de cacerías desta especie que colaboren cubrindo e enviando estas fichas entrarán a formar parte do grupo de Colaboradores FEDENCA co cal participarán no sorteo de diversos materiais publicados pola fundación, así como outros premios como unha escopeta de caza.

Se desexa colaborar pode descargar a ficha aquí mesmo:
Descargar Ficha Tórtola FEDENCA
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza