Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RFEC
Andrés Gutiérrez foi reelixido presidente da RFEC
13/11/2012

Asemblea Xeral da Real Federación Española de Caza

Ás 10 horas do pasado sábado 10 de novembro daba comezo á Asemblea da RFEC coa pertinente acreditación por parte dos asistentes alí presentes. Sorteado os membros da mesa electoral, posteriormente os dous candidatos, Andrés Gutiérrez Lara e José Ángel Ramírez, dispuxeron de 10 minutos para defender a súa candidatura e expoñer os seus programas electorais.

Finalizadas as quendas de intervencións procedeuse a votación e ao escrutinio dos votos, resultando reelixido Andrés Gutiérrez Lara con 60 votos a favor contra os 56 acadados por José Ángel Ramírez.

Posteriormente tivo lugar a votación dos membros da Comisión Delegada para a continuación tomar a palabra Andrés Gutiérrez dando as grazas a todos os asembleístas e ao candidato José Ángel Ramírez.

Mencionar que ata hoxe día 13 de novembro estará aberto o prazo para as posibles reclamacións.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas

INICIO CURSOS FORMACIÓN
08/10/2024
Máis de 200 alumnos cazadores participan nos Cursos de Formación 2024

CURSOS FORMACIÓN FGC
04/09/2024
Actívase a Escola de Caza para a Formación e Seguridade do cazador

CAZA SOLIDARIA
05/07/2024
Carne de caza solidaria


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza