Un cazador galego estará na Final do Campionato de España de Caza Menor con Can

A caza galega contará con representación na final do LVII Campionato de España de Caza Menor con Can, que se celebrará o vindeiro 5 de decembro na localidade de Los Hinojosos (Cuenca). O cazador galego José Luis García Álvarez conseguiu unha das doce prazas en xogo na semifinal da zona norte, disputada o pasado domingo 22 de novembro en Llanos del Caudillo (Cidade Real), tras acadar un total de 1.350 puntos, que lle permitiron rematar na novena posición.
A semifinal norte reuniu a participantes de diferentes comunidades autónomas que competiron por unha praza na gran final.
Deste xeito, José Luis García Álvarez será un dos 28 cazadores que competirán polo título nacional na gran cita do calendario deportivo da Real Federación Española de Caza, na que tamén participará o vixente campión de España, César Bayo, xunto con outros representantes autonómicos.
Desde a Federación Galega de Caza queremos felicitar a José Luis García Álvarez pola súa clasificación e desexarlle moita sorte na final, onde defenderá a representación galega.