Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ASEMBLEA XERAL
A Federación Galega de Caza despedía o ano aprobando os orzamentos do 2013
2/1/2013

Analizouse tamn o proceso electoral da RFEC

O pasado sábado, 29 de decembro, a FGC despedía o ano, tras unha xornada matinal maratoniana. Na sede da Federación, en Santiago de Compostela, reuníanse os membros da xunta directiva, da comisión delegada, e por último os asembleístas dábanlle luz verde aos orzamentos para o 2013, semellantes aos do exercicio anterior, nos que destaca, en liñas xerais, a conxelación de salarios e a reducción da axuda da Secretaría Xeral para o Deporte.

Como ben precisa a recentemente aprobada Lei do Deporte de Galicia, que entrou en vigor no pasado mes de abril, os orzamentos das federacións deportivas galegas deberán ser aprobados no último trimestre do ano anterior, e a FGC en cumprimento da lexislación procedía a aproba-los mesmos antes de remata-lo 2012.

Analizouse tamén o proceso electoral da Real Federación Española de Caza, así como a actual e convulsa situación na que se atopa esta institución: modificación arbitraria do reparto de asembleístas, cesamento do Secretario Xeral, nomeamento de novo Secretario sen o consenso das Federacións Autonómicas, e composición da nova xunta directiva sen tan siquera abrir unha rolda informativa cos Presidentes Autonómicos; neste senso a asemblea foi unánime reprobando a actuación levada a cabo pola RFEC nos últimos tempos.

Asemade, no punto terceiro da orde do día, a asemblea aprobaba, tamén por unanimidade, a posible emisión da licenza federativa de caza autonómica, ao igual que fai anos se está a facer no País Vasco, facultando á xunta directiva para a súa emisión despois dun estudio previo, documentado e pormenorizado.

A xuntanza dábase por rematada co auguro dun 2013 próspero e cazador.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza