30 de novembro de -0001
RAPOSO LUGO

O equipo “A Xesteira” gaña o provincial

Campionato Provincial de Lugo de Caza de Raposo

O pasado sábado 12 de xaneiro, disputouse o Campionato Provincial de Caza de Raposo de Lugo organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo coa colaboración da Sociedade de Caza de Suarna.

Á proba acudiron un total de 16 equipos que no transcurso da mañá tentaron dar caza aos astutos raposos nas montañas lucenses do Tecor de Navia de Suarna .

Foi o equipo “A Xesteira” o que con 1.000 puntos obtivo o primeiro posto da clasificación e se converteu no novo Campión Provincial. Co mesmo número de puntos situáronse os equipos “Os Rápidos” e “Doble Cero”, en segunda e terceira posición respectivamente.

Estes tres primeiros equipos representarán a Lugo no vindeiro Campionato Galego da especialidade.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.