30 de novembro de -0001
RAPOSO CORUÑA

O equipo “Doble 0” adxudícase o provincial

Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Raposo

O pasado sábado 12 de xaneiro, disputouse unha edición máis do Campionato Provincial de Caza de Raposo de A Coruña organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña coa colaboración das Sociedades de Caza de San Roque de Zas, Halcón de Mazaricos e Xallas de Santa Comba.

As notas predominantes desta competición foron, sen lugar a dúbidas, a alta participación e o elevado numero de pezas avistadas. Ata un total de 51 raposos se deixaron ver por os 50 equipos que tomaron saída nesta edición da fase provincial de A Coruña.

Foi o equipo “Doble 0” o que con 2.000 puntos obtivo o primeiro posto da clasificación e se converteu no novo Campión Provincial. Co mesmo número de puntos situouse en segunda posición o equipo “O Embudo” para rematar, xa en terceira posición, o equipo “Coto do Barro” con 1.500 puntos.

A estes tres primeiros equipos engádeselles o equipo “Os Intocables” conformando a representación de A Coruña para o vindeiro Campionato Galego da especialidade.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.