Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
MUDEGA
Cinco cazadoras entre as candidatas aos galardóns da 2ª Gala das Mulleres Deportistas Galegas
15/2/2013

O vindeiro 9 de marzo, daranse cita no concello coruñés de Ames as mellores deportistas galegas de tódalas modalidades, para celebra-la segunda edición da Gala do Deporte Feminino, no que por segundo ano consecutivo a Federación Galega de Caza tamén estará presente.

Durante a Gala farase entrega dos premios ás mellores deportistas galegas, aos que a FGC ven de presenta-la súas candidatas, que, paradóxicamente, a pesar de que no deporte cinexético non son numerosas as donas que o practican, resultou difícil a designación das mellores candidatas porque as poucas féminas cazadoras contan maioritariamente cun importante currículo no seu haber; finalmente, a xunta executiva da federación, determinou propoñer ás seguintes:

  • Mellor Directiva: Cristina Sanmartín Porca (Ferrol, A Coruña), Presidenta do Clube Amigos dos Cans de Caza e Vocal da Federación Galega de Caza na Coruña.
  • Mellor Deportista: Dolores Bugarín Codeseda (Redondela, Pontevedra), deportista da selección galega de Percorridos de Caza con Arco, actual campioa galega,  e Provincial (A Coruña e Pontevedra), así como 5ª clasificada no pasado campionato de España.
  • Mellor Deportista Promesa: Rebeca Villaverde Bugarín (Redondela, Pontevedra), deportista cadete (12 anos) da modalidade de Percorridos de Caza con Arco, actual subcampioa autonómica.
  • Premio á Traxectoria: Ana Isabel Arbiol Ledesma (Palas de Rey, Lugo), Deportista da selección galega de San Huberto, cun amplo palmarés a nivel internacional, nacional e autonómico.
  • Mellor Xuíza: Isabel Negreira Chaves (Santiago, A Coruña), xuíza autonómica de cans de rastro, e experta no adestramento dos cans desta modalidade.
  • Mellor iniciativa a prol do deporte: Monteiros Galaicos (Cea, Ourense), pola organización dunha montería exclusivamente feminina.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CRÍA E COIDADOS DO CAN DE CAZA
16/03/2019
Presentación da biblioteca cinexética de Mutuasport

FESTA DA CAZA DE TABOADA
11/03/2019
A “II Festa da Caza” de Taboada repetiu éxito

CURSOS FORMACIÓN
30/10/2017
Ampla e activa participación no II Curso de Formación de A Coruña

CARNE CAZA
22/5/2017
ASICCAZA achega o sabor e as bondades da carne de caza a máis de 400 nenos de Estremadura


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza