30 de novembro de -0001
XABARIL PONTEVEDRA

Manuel Fernández con “Ole” gañador provincial

Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril

O pasado 20 de abril disputouse no Tecor Santa Bárbara, sito nos concellos de As Neves e Arbo, a XI edición do Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril, organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración de dito Tecor.

Destacar a alta participación desta edición, na que se deron cita un total de 28 monteiros con 40 cans. A proba estivo xulgada polos xuíces Francisco Javier Silva Fontán e Miguel Martínez Casal.

O campión da proba foi o lucense Juan Fernández Vecino co can de nome “Zulu” obtendo unha puntuación de 247,5 puntos. O segundo posto, e a postre o Campión Provincial, foi para o monteiro participante por Pontevedra Manuel Fernández Vecino con “Olé” e 243 puntos. O monteiro chegado de A Coruña, Cándido Picón Domínguez, adxudicábase a terceira posición con “Rumba” e un total de 235,5 puntos.

Os monteiros Manuel Fernández Vecino, Francisco Rodeiro Eiras, Salvador Sestelo Núñez, Antonio Sánchez Sesto, José Pérez Do Camiño, Generoso Aragunde Abalo, Álvaro Fontenla Filgueira, Miguel A. Feijoo Crespo e Gerardo Álvarez Villaverde representarán a provincia de Pontevedra no vindeiro Campionato Galego da Modalidade.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.