Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO XABARIL
Fernández Vecino, con “Zulú de Soñar”, resultou gañador en Narón
21/5/2013

Proba de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril puntuable para a Copa Galicia

O pasado 18 de maio, baixo a organización da Sociedade de Caza e Pesca de Xubia, tivo lugar unha proba puntuable para a Copa Galicia de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril, contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña.

Á proba acudiron un total de 34 monteiros que foron xulgados polos xuíces José Moure Caneda e José Manuel Pita Santalla, sendo David Casal Lamas o Director da Proba.

Rematada a competición, a clasificación final resultou do seguinte xeito. O lucense Juan Fernández Vecino co seu can de nome “Zulú de Soñar” subiu o máis alto da clasificación cunha puntuación de 257,5 puntos, converténdose deste xeito no campión da proba. O monteiro Francisco Rodeiro co seu can “Cho” situouse no segundo posto da clasificación final con 253 puntos. Xa na terceira posición, Iván Fernández con “Ture” conseguía o terceiro posto con 250 puntos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CPTO. ESPAÑA CANS DE MOSTRA
2025-10-14
O setter “Zafir de Piago” do galego René Vale converteuse no Campión de España de Cans de Mostra Británicos e por equipos Galicia acadou o subcampionato nacional

NACIONAL DE SAN HUBERTO
2025-09-29
A galega Nuria Varela campiona feminina da Copa España de San Huberto

AUTONÓMICO DE COELLO
2025-09-28
Os beagles do coruñés José Javier Suárez acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DE COELLO
2025-09-22
O lote propiedade de Arosa Dasilva proclamouse campión provincial na Lama


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza