LUTO OFICIAL

TRASLADADAS as competicións previstas para a pasada fin de semana

A Federación Galega de Caza cancelou as probas previstas para a pasada fin de semana, concretamente o XVI Campionato Galego de San Huberto previsto para o sábado 27 en Lalín (Pontevedra) e a XXIV Copa Galicia de Cans de Parada prevista para o domingo 28 en Cedeira (A Coruña) por mor da traxedia ocorrida o pasado 24 de xullo en Santiago de Compostela.

A Federación Galega de Caza organiza as probas cinexéticas deportivas de caracter autonómico por delegación da Xunta de Galicia, segundo a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, institución que decretou luto oficial na Comunidade Autónoma de Galicia durante os seguintes 7 días á traxedia e cancelou moitas das actividades previstas nesas datas.

As probas veñen de ser trasladadas a esta fin de semana. A Copa Galicia de Cans de Parada celebrarase o vindeiro sábado día 3 de agosto, mentres que o Campionato Galego de San Huberto celebrarase o domingo día 4 de agosto. Ambos manteñen intactos horarios e lugares de celebración.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.