Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PERCORRIDOS
Daniel Cebreiro adxudícase o "Memorial Cea Seoane"en Río Sar
12/8/2013

Campionato de Percorridos de Caza Memorial José e Manuel Cea Seoane

O pasado 10 de agosto disputouse no Campo de Tiro Río Sar, unha cita xa consolidada dentro da modalidade de Percorridos de Caza en Galicia, o Memorial José e Manuel Cea Seoane disputado en 6 campos a 150 pratos e organizado pola Sociedade Deportiva Río Sar.

Á proba acudiron un total de 54 tiradores chegados das catro provincias galegas e dende fora das nosas fronteiros, concorrendo tiradores de Portugal, Pais Vasco, Madrid, Asturias, etc.

Rematada a competición, foi o tirador de A Coruña Daniel Cebreiro García o que acadaba o primeiro posto da clasificación Xeral ao escachar un total de 135 pratos. A tan so un prato de Cebreiro situouse o tirador Antonio Iglesias Otero con 134 pratos derribados. O terceiro caixón do podio foi ocupado polo tirador Manuel García Pombo con 132 pratos.

Na categoría de Veteranos o campión foi o tirador chegado da capital de España Francisco Alende con 119 pratos escachados. Antonio Castro Ferreiro e Juan Gardeazabal acadaban o segundo e terceiro posto con 117 e 113 pratos, respectivamente.
Na categoría de Handisport o gañador era Artemio Formoso Barro con 110 pratos e en Superveteranos impoñíase Ángel Mosquera Rodríguez con 108 pratos.

Rematada a competición e durante a entrega de premios, a Sociedade Deportiva Río Sar quixo facer unha mención especial as casas e entidades patrocinadoras: Clínica Dental Elisardo Cea, Neumáticos Pájaro, Asesoría Sarela, Beirasar de Xestión, Concello de Trazo e Federación Galega de Caza. Dita Federación estivo representada polo seu presidente Javier Nogueira Diz e o presidente da FGC en Pontevedra Francisco Couselo Castiñeira. Así como un agradecemento especial aos árbitros da competición coa entrega dun agasallo de Río Sar.

O colofón desta extraordinaria tirada foi un xantar de irmandade entre tiradores, acompañantes, árbitros, autoridades e organización.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
25/03/2024
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas

PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
25/03/2024
Blanco Puertas novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PROBA XABARIL MEIRA
25/03/2024
O asturiano Luciano Lago con “Rodolfo” gañadores en Meira

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza