Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CONFLITO RFEC
A RFEC executa un golpe de estado ao expulsar unilateralmente a vinte clubs da súa asemblea xeral
11/9/2013

O conflito que mantén a Real Federación Española de Caza con oito Federacións Autonómicas, entre as que se atopa a Federación Galega de Caza, dende o proceso electoral celebrado en novembro de 2012, asiste a un novo episodio no que a RFEC ven de dar un golpe de estado ao expulsar a un grupo de 20 clubs “non afectos” á actual dirección federativa, membros da asemblea xeral da RFEC e elixidos no último proceso electoral. Entre os clubs expulsados atópanse 3 sociedades de caza galegas: Xabarín, de Pontedeume (A Coruña); Monte Penamaior, de Portomarín (Lugo); e Xungos, de Esgos (Ourense).

Esta acción por parte da RFEC chega nun momento crítico, a escasos días da Asemblea Xeral Ordinaria, pois foi acordada en xuntanza o pasado 4 de setembro e publicada na súa páxina web o día 6 de setembro, co fin de asegurarse unha maioría na asemblea xeral que a día de hoxe non tería o actual presidente. O motivo esgrimido pola xunta directiva da RFEC para consumar semellante desaforo é a falta de inscrición dos vinte clubs conforme ao regulamento de Licenzas (regulamento aprobado a finais de abril polo CSD e volto a modificar por dito organismo a finais do mes de xullo ao ser impugnado). Sen tempo material para reaccionar nin reordenar tódalas cuestións relacionadas con dita normativa, a xunta directiva da RFEC atopou un xeito de eliminar a unha parte dos clubs, membros da asemblea xeral que aínda non formalizaran a súa inscrición.

O requisito da inscrición dos clubs ata a entrada en vigor do novo Regulamento de Licenzas non existía, posto que sempre se viña verificando mediante a licenza federativa do cazador deportista dese clube. Aínda así, o novo regulamento sinala que as inscricións de clubs terán unha vixencia ata o 31 de decembro do ano no que se expidan, en cambio non establece un prazo para a súa formalización, de aí que os clubs poidan formalizala ao longo de todo o ano natural. Esta expulsión foi levada a cabo sen ningún aviso previo aos clubs expulsados, nin tampouco expediente con audiencia previa aos interesados como trámite previo á súa expulsión, sen máis trámite que un mero acordo da xunta directiva a escasos días da celebración da asemblea. Nin sequera os clubs afectados foron notificados desta acción, posto que foi publicada unicamente na páxina web da RFEC, coa única finalidade de acadar, deste xeito, tan expeditivo, inxustificado e precipitado, unha maioría na asemblea que o Presidente da RFEC sabe que non tería sen a previa eliminación destes clubs.

Atopámonos ante unha manobra sen dúbida antidemocrática ao privar da súa condición de elixido democráticamente a quen obtivo unha representación na asemblea xeral, sen que previamente se lle concedese o preceptivos trámites de audiencia, apercibimentos de baixa e expedientes instruídos ao efecto nos que os interesados puidesen alegar o que tivesen por conveniente en defensa dos seus dereitos.

Dado que este acordo foi impugnado o pasado 7 de setembro polas tres sociedades de caza galegas afectadas ante o Consejo Superior de Deportes (CSD) e ante a xunta directiva da RFEC para o seu trámite ante Junta de Garantías Electorales do CSD, o Presidente da Federación Galega de Caza ven de solicitar ao Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a intervención e mediación dos máximos órganos da Xunta neste conflito. En caso de non recibir unha resolución satisfactoria por parte dos órganos competentes en materia deportiva, as sociedades galegas uniríanse ás 17 sociedades afectadas restantes para iniciar calquera trámite xurídico que sexa preciso para restaurar a súa condición de membros da asemblea, en aras de que impere a democracia mediante a cal foron elixidas hai menos dun ano.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”

DISTINCIÓNS MÉRITO DEPORTIVO 2023
31/01/2024
Javier Nogueira e José Ángel Torres reciben as Distincións ao Mérito Deportivo 2023


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza