30 de novembro de -0001
RASTRO COELLO CORUÑA

O gañador provincial foi Luis Veiga

Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro sobre Coello

O pasado sábado 21 de setembro disputouse unha edición máis do Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro sobre Coello no Tecor San Mamede de Dumbría, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración con dita Sociedade de Cazadores.

Na proba participaron un total de 18 lotes que foron xulgados polos xuíces José María Álvarez Villar, José Moure Caneda, Manuel Vázquez Mosquera e José Antonio Montoiro González.

Foi o lote propiedade de Luis Veiga Vázquez e composto polos cans de nomes “Coco, Eva, Cholo e Cama”, os que se adxudicaron esta fase provincial con un total de 544 puntos. Carlos Casas Cambón obtido o segundo posto cos cas “Eros, Era, Tula e Sanz” e 528 puntos. Con 522 puntos o terceiro posto era para Juan Formoso Raposo con “Cora, Lala, Toxo e Peca”.

A cadela de nome “Eva” propiedade do campión Luis Veiga Vázquez foi nomeada como Mellor Can da proba con 152 puntos.

Estes tres primeiros lotes clasificados representarán á provincia de A Coruña no vindeiro Campionato Galego da especialidade que se disputará este vindeiro sábado no Tecor Coto do Suído.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.