30 de novembro de -0001
NACIONAL ARCO

María Rodríguez e Abel López subcampións de España de RRCC con Arco

Campionato de España de Percorridos de Caza con Arco

O pasado 21 de setembro disputouse o Campionato de España de Percorridos de Caza con Arco en Soria, concretamente en Castillejo de Robledo.

Cabe mencionar a boa actuación dos arqueiros galegos que obtiveron postos destacados na clasificación final. Foi a arqueira María Rodríguez a que se quedou ás portas de acadar o título nacional obtendo un meritorio segundo posto na categoría de Arco Asistido Damas.

Sucedeulle o mesmo o tamén galego Abel López que se tiña que conformar cun segundo posto na categoría de Arco Tradicional. Na mesma categoría, o cuarto posto era para Óscar Novas.

En Arco Asistido os galegos Pedro Martínez e Jaime Villaverde acadaban o 6º e 8º posto respectivamente.

E para rematar, Iratxe Guillén acedía o 10º posto da clasificación en Asistido Damas.

Dicir que por decisión do Delegado Nacional da disciplina de Arco, Julio Otero, non se celebrou o Campionato de Caza con Arco o Voo.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.