Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAZA MENOR
Colabore coa campaña de seguimento de capturas de especies de caza menor da FGC e participe no sorteo de varios premios
24/10/2013

Co fin de facer un seguimento da campaña cinexética 2013/2014 da caza menor en Galicia, a Federación Galega de Caza, dentro do marco do seu Observatorio da Caza, acaba de por en marcha unha campaña de recollida de datos voluntaria entre tódolos cazadores galegos.

Os cazadores que o desexen, poden participar descargando unha ficha de seguemento que deberán ir completando coas capturas e avistamentos das principais especies de caza menor: coello, perdiz, lebre, arcea, agacha, pombo e raposo; que fagan ao longo das súas xornadas de caza nesta campaña.

Co fin de incentivar a participación, e como agradecemento a aqueles que colaboren nesta importante campaña, a Federación Galega de Caza realizará un sorteo entre tódolos cazadores participantes que envíen cumplimentada correctamente a súa ficha ao final da tempada, cos seguintes premios:

  • Un Seguro Federativo de Caza Tipo S (ata 732.251,82€ de capital asegurado)
  • Suscrición por 1 ano á Revista "Galicia Cinexética"
  • Polo co logotipo da Federación Galega de Caza

Se esta vostede interesado en participar, só ten que descargar a seguinte ficha de capturas, en calquera dos formatos facilitados:

Ficha de Seguimento de Capturas de Especies de Caza Menor (PDF)
Ficha de Seguimento de Capturas de Especies de Caza Menor (Excel)

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSOS DE FORMACION FGC
2025-10-01
Comenzan os Cursos de Formación da FGC con máis de 250 cazadores inscritos

REGULAMENTO DE ARMAS
2025-09-26
Reunión coas Intervencións de Armas e Explosivos de Zona da Garda Civil para unificar criterios na aplicación do Regulamento de Armas

ORDE DE AXUDAS TERREOS QUEIMADOS
2025-09-10
A FGC ponse a disposición das Sociedades de Caza afectadas pola vaga de lumes

CURSOS FORMACION 2025
2025-09-05
Coa apertura da Escola de Caza a FGC aposta pola formación dos cazadores


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza