Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
FEDERACIÓNS
A modificación da lei estatal do deporte liquida ás federacións autonómicas
20/12/2013

A reforma vulnera o Art. 27.22 do Estatuto de Autonomía de Galicia que atribúe á CCAA a competencia exclusiva na promoción do deporte.

O Secretario Xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete, convocaba para a tarde de onte a tódalas federacións deportivas galegas para informar da situación actual sobre a proposta de modificación do artigo 32.4, da Lei 10/1990, do Deporte, que conta co informe favorable do Consello de Estado, e que presumiblemente será aprobado proximamente polo Consello de Ministros e polo Parlamento.

Coa reforma que se pretende introducir, para participar en competicións oficiais, aínda que estas sexan de ámbito autonómico, será obrigatorio posuír unha licenza que, unicamente, poderá ser expedida polas federacións autonómicas que estean integradas na estatal -esta licenza será única no territorio-, e ademais as Autonómicas deberán contribuír economicamente ao sustento das Españolas. En definitiva, a modificación acabaría co sistema de integración voluntaria das federacións autonómicas e convertería a estas en meras sucursais das federacións españolas.

A Federación Galega de Caza, desde o primeiro momento que tivo coñecemento da reforma da Lei do Deporte Nacional, opúxose frontalmente, por entender que é un atropelo á auto-organización das federacións deportivas autonómicas -entidades privadas con atribución de funcións públicas de carácter administrativo-, que acerna a súa autonomía, independencia e capacidade de obrar, ao tempo que a considera unha flagrante vulneración das competencias das Comunidades Autónomas en materia deportiva.

Na xuntanza mantida onte en San Lázaro, púxose de manifesto que na actualidade conviven licenzas nacionais, con licenzas autonómicas, e en función da federación deportiva da que se trate, unhas deben pagar tramo nacional, outras non, e mesmo a varias delas a federación española repercútelle axudas por este concepto. A pesar destas diferenzas entre unhas e outras federacións deportivas galegas, estas acordaban onte, por unanimidade, manifesta-la súa total oposición á reforma da Lei, e solicitaron ao Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a defensa desta postura ante o Goberno de España.

Por parte da Federación de Caza participaban na reunión, o vicesecretario, José Manuel Vidal, e a asesora xurídica, Maria Teresa González, que representaban ao presidente, Javier Nogueira, que non puido acudir á mesma por coincidir cunha reunión de Mutuasport. Nas últimas semanas, Nogueira, mantivo varias conversas co Secretario Xeral para o Deporte sobre este tema, nas que lle trasladou a postura da Federación Galega de Caza, e informoulle que o vindeiro luns –dia 23- vai formular á xunta directiva e á comisión delegada a petición de sendas entrevistas ao presidente do Goberno de España, e ao presidente da Xunta de Galicia, para facerlles partícipes da postura do deporte cinexético galego, que representa na actualidade a máis 21.000 federados.  

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza