Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RAPOSO CORUÑA
O equipo “Urogallo”, gañador do provincial
13/1/2014

Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Raposo

O pasado sábado 11 de xaneiro disputouse unha edición máis do Campionato Provincial de Caza de Raposo de A Coruña organizado pola Federación Galega de Caza en Coruña e contando coa colaboración das Sociedades de Caza de Nosa Señora da Cela de Monfero, Xabarín de Pontedeume, Monfero, A Becacina, Alecrín de Irixoa e O Castro de Cabañas.

A alta participación, ata un total de 34 equipos, e a densidade de raposos avistados, mais de 50, foron os ingredientes desta edición do campionato provincial de Caza de Raposo de A Coruña converténdose nunha extraordinaria xornada cinexética.

Foi o equipo “Urogallo” o que conseguiu acadar o primeiro posto da clasificación xeral ao abater 3 raposos que lle aportaron 1.500 puntos, converténdose deste xeito no novo Campión Provincial da especialidade. O segundo clasificado foi o equipo “Doble Cero”, que abateu 2 raposos acadando 1.000 puntos. Co mesmo número de puntos remataba en terceira posición o equipo “Raposa Vella”.

A estes 3 primeiros equipos clasificados engádeselles o equipo “Os Goyas”, conformando a representación da provincia de A Coruña na vindeira edición do campionato autonómico da especialidade.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO GALEGO DE CETRERÍA
2025-10-28
Campións galegos de cetrería no Tecor Terra Chá

CAZA MENOR OURENSE
2025-10-27
Iván Álvarez con “Suri Raiña Loba” campión provincial de Ourense de Caza Menor

CAZA MENOR CORUÑA
2025-10-27
A fase provincial da Coruña de Caza Menor con Can tivo a Antón Moure e a cadela “Lira” como gañadores

CAZA MENOR PONTEVEDRA
2025-10-27
Javier Calvo con "Nena" é o novo Campión Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza