REPORTAXE

O espazo “Al acecho”, do canal Caza y Pesca, emitirá unha reportaxe do Campionato Galego de Caza de Raposo

O canal especializado en caza e pesca  de Canal + emitirá nos vindeiros días unha reportaxe do Campionato Galego de Caza de Raposo disputado o pasado sábado 18 de xaneiro nos concellos de Ames e Brión, na provincia da Coruña.

A reportaxe estará encadrada dentro do programa “Al acecho”, conducido pola xornalista Susana García, e emitirase nos seguintes horarios:

Episodio 328
Mércores 5 de febreiro ás 19:00 h
(repetíndose o mesmo en días posteriores a distintas horas ata a emisión do seguinte capitulo).

Episodio 329
Mércores 19 de febreiro ás 19:00 h
(repetíndose o mesmo en días posteriores a distintas horas ata a emisión do seguinte capitulo).

Pode consultar os horarios das distintas repeticións do programa na páxina web do mesmo: Al Acecho

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.