30 de novembro de -0001
CAZA RAPOSO

O equipo “Doble Cero”, da sociedade O Cordal, gañador

Proba puntuable para a Copa Galicia de Caza de Raposo

O pasado sábado 25 de xaneiro tivo lugar unha proba puntuable para a Copa Galicia de Caza de Raposo organizado pola Sociedade de Cazadores Santa Bárbara e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en Lugo.

Á proba acudiron un total de 9 equipos que gozaron dunha extraordinaria xornada de caza de raposo. E dicimos extraordinaria porque a abundancia foi moi destacada sendo moi numerosas as capturas e avistamentos.

Foi o equipo “Doble Cero”, da Sociedade O Cordal, o que acadou o primeiros posto ao entregar en control un total de 5 capturas, 4 machos e 1 femia. En segunda posición remataba o equipo “A Xesteira” con tamén 5 raposos, 2 femias e 3 machos. Completaba o podio o equipo “Parrillada Antonio” con 3 raposos capturados, 2 machos e 1 femia.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.