Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ARCO CORUÑA
Disputado o Campionato Provincial de Arco da Coruña en Bens
12/3/2014

Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza con Arco e Caza con Arco o Voo

O pasado domingo 9 de marzo disputouse no concello de Bens o Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza con Arco e Caza con Arco o Voo organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e a Sociedade Arco Hércules coa colaboración da Asociación de Veciños de Bens e a Sociedade de Caza O Petón de Cabovilaño.

Percorridos de Caza con Arco

Nesta disciplina de Percorridos participaron un total de 24 arqueiros nas diferentes modalidades e sendo xulgados polos xuíces: Pablo Martínez, Dolores Bugarín, Iratxe Guillén, Sonia M. Ribeiro e Arsenio Lago.

Unha vez rematada a competición, a Directora da Proba, Inmaculada Santamarta Rodríguez, deu a coñecer a clasificación final resultando do seguinte xeito:

En Arco Asistido o campión foi Jaime Villaverde Balado ao acadar un total de 165 puntos. En segunda e terceira posición remataban os arqueiros Pedro Martínez Ángel e Rafael Nieto con 151 e 120 puntos, respectivamente.

Na modalidade Arco Tradicional impoñíase Oscar Novás Seijas con 162 puntos, seguido de Pablo Martínez Regueira con 115 puntos. Completaba o podio Juan Bandeira Autrán con 106 puntos.

Na categoría de Damas Asistido o primeiro posto era para a arqueira Dolores Bugarín Codeseda con 146 puntos. Iratxe Guillén Bouzas con 126 puntos lograba o subcampionato e Andrea Sobral Bouzas con 43 puntos situábase na terceira posición. En Damas Tradicional o primeiro posto era para Sonia Mª Ribeiro Costa con 88 puntos e Inmaculada Santamarta Rodríguez era a segunda clasificada con 81 puntos.

Sergio Sobral en primeira posición con 120 puntos e Marcos Gómez con 91, eran os dos primeiros clasificados, respectivamente, na categoría Junior.

En Cadetes, con 62 puntos resultaba gañadora a arqueira Rebeca Villaverde Bugarín e Laura Novás Ribeiro a tan so 2 puntos, con 60, obtiña o subcampionato.

Caza con Arco o Voo

No campionato de Arco o Voo participaron un total de 6 equipos que tentaron aportar o maior número de capturas de paspallás ao control, actuando como xuíces José Mª Busto, Pablo Martínez, Miguel Gómez e Benigno Ruiz.

Foi a parella composta por Juan Bandeira e Benigno Ruiz co can bretón de nome Pluma os que con 2.000 puntos acadaron o primeiro posto do campionato. Co mesmo número de puntos pero en segunda posición remataba o equipo formado por Jaime Villaverde e Pedro Martínez co can setter inglés de nome Pol. Completou o podio o equipo Oscar Novás e Arsenio Lago co can bretón de nome Pi cun total de 1.500 puntos.

)

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

NACIONAL DE PERCORRIDOS ARCO
30/09/2024
Gran participación dos arqueiros galegos no Nacional

AUTONÓMICO DE CANS DE RASTRO COELLO
30/09/2024
Os beagles do coruñés Daniel Bouzas acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL COELLO PONTEVEDRA
23/09/2024
O lote propiedade de Jaime López proclamouse campión provincial na Laxe

PROVINCIAL CORUÑA COELLO
16/09/2024
José Antonio Fernández e os seus beagles acadan o primeiro posto do provincial coruñés de coello


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza