LEI DE CAZA

A Federación convida a tódolos cazadores á presentación oficial da Lei de Caza

O vindeiro 29 de marzo terá lugar en Lugo a presentación oficial da nova Lei de Caza de Galicia por parte da Consellería de Medio Ambiente. A Federación Galega de Caza ven de ser invitada a este acto que estará presidido polo propio conselleiro, D. Agustín Hernández.

Ao mesmo tempo, a FGC ven de convidar a tódalas sociedades de caza federadas a estar presentes neste acto para amosarlle á Administración o interese que esta nova Lei suscita para os cazadores galegos, así como a unión do colectivo cinexético.

Dende a Federación considerase que se conseguiu unha boa lei, mais agárdase poder pulila e adaptala mellor aínda aos intereses dos cazadores e sociedades de caza galegos, por iso é importante estar xuntos.

Tódolos cazadores están convidados a esta presentación, que terá lugar o vindeiro sábado 29 de marzo no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, sito na Ronda da Muralla 70.

Agardámoste.

Descargar Programa

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.