Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
TEMPADA 2014/2015
Xuntanza do Comité Galego de Caza
24/3/2014

Na mañá do pasado venres día 21 de marzo, tivo lugar a xuntanza do Comité Galego de Caza, cuxos acordos servirán de base para confeccionar a “Orde de Vedas” que regula os períodos hábiles de caza das distintas especies cinexéticas para a vindeira tempada de caza.

Dito Comité estivo composto polos diferentes representantes dos cazadores galegos, entre os que se atopaban os catro presidentes provincias da Federación Galega de Caza, todos eles encabezados polo seu presidente, Javier Nogueira Diz. Diferentes asociacións de caza e representantes das administracións provinciais e autonómica tamén estiveron presentes, todos eles baixo a presidencia de Verónica Tellado Barcia, Directora Xeral de Conservación da Natureza.

No transcurso da reunión, analizáronse as propostas dos catro comités provinciais para establecer a normativa que regule os períodos hábiles e as especies que serán obxecto de caza na vindeira tempada. Dende a FGC tentouse dar solución as incomodidades que puido xerar a pasada orde de vedas e así corrixilas para esta tempada 2014-2015. Como dato significativo mencionar o pleno acordo para que o arranque da tempada xeral de caza en Galicia de comezo o vindeiro 19 de outubro e remate, como ben sendo habitual, o 6 de xaneiro, día de reis.

Quedando todo emprazado a que sexa o Conselleiro do Medio Ambiente e Infraestruturas o que fixe, ca publicación da Orde de Vedas, as regras que suxeitaran a práctica cinexética na nosa comunidade.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

NOVA TEMPADA
31/05/2019
Publicada a resolución que determina as épocas hábiles de caza durante a tempada 2019/20

AXUDAS SOCIEDADES
24/05/2019
Deportes convoca axudas para equipamento e actividades deportivas

ENVÍANOS AS TÚAS PROPOSTAS
20/05/2019
Cazador, ¿como mellorarías o actual regulamento de caza?

POC, PAC E COMUNICACIÓN RESULTADOS
12/02/2019
Instrucións para o uso do Portal Web da Caza en Galicia


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza