GALEGO PAXARILES

Plumas cantoras en Narón

XVIII Campionato Galego de Paxariles

Na xornada dominical do 18 de maio tiña lugar a fase autonómica de Silvestrismo no que o concello de Narón, concretamente o campo de fútbol Río Seco, era o escenario deste Campionato Galego organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración do Clube de Cazadores A Faísca.

Este campionato disputouse baixo unhas condicións climáticas extraordinarias que permitiron escoitar con claridade os fermosos cantos dos paxaros previamente clasificados nas respectivas fases provinciais e que se deron cita nesta proba. Os paxaros divididos nas diferentes categorías ou plumas foron xulgados por Manuel Ángel Chao Porto, Gonzalo Vergara Castro, Jesús Faraldo Ares, Juan Pico Pico  e Iván Fajardo Cao sendo o Director da Proba Manuel Ángel Chao Porto. En representacin da Federacin estivo presente Marcial Ramil Hermida, responsable de competicins da FGC na Corua.

Rematadas as diferentes quendas deuse a coñecer a clasificación final resultando do seguinte xeito:

En Liñaceiro o campión era José Luis López Ferreiro con 38 puntos namentres que Camilo Taboada Piñeiro facíase co segundo e terceiro posto con 28 e 18 puntos respectivamente.

Na categoría de Xílgaro o primeiro posto era para José Sanjuán Maceiras con 58 puntos, o cal obtivo, a maiores, un trofeo por ser a pluma pura de maior puntuación. Luis Roiz Rodríguez facíase coa segunda posición cun total de 42 puntos. Ocupaba o terceiro posto Ricardo Díaz Fernández con 28 puntos.

En Mixto de Liñaceiro resultaba campioa Mª Ángeles Pérez Arcos con 91 puntos, seguida de Jesús Ángel Faraldo ares con 67 puntos. O terceiro caixón do podio era para Miguel Ángel Ares Ares con 48 puntos.

Nas plumas de Mixto de Xílgaro o campión era José Luis López Ferreiro con 103 puntos. Con 95 puntos e en segunda posición remataba Carlos Delgado García. Felíz Romay Rey era o terceiro clasificado con 69 puntos.

En Verderol o primeiro clasificado era José Iván Aneiros Fernández con 40 puntos. Con 36 puntos remataba Miguel Ángel Ares Ares que lle daba a segunda posición. Jose Luis López Ferreiro era o terceiro clasificado con 28 puntos.

En Mixto de Verderol a campioa era Mº Ángeles Pérez Arcos. Co mesmo número de puntos pero en segunda posición clasificábase Jacobo Romero Gómez que tamén se facía co terceiro posto con 22 puntos.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.