CURSO SEGURIDADE

A FGC impartirá un curso sobre seguridade nas cacerías, o vindeiro 14 de xuño, no marco da FECAP

O vindeiro sábado 14 de xuño, no marco da Feira de Caza, Pesca e Natureza (FECAP) que se celebrará na Feira Semana Verde de Galicia, en Silleda (Pontevedra), terá lugar o primeiro curso de seguridade e formación para responsables de cacerías dos que impartirá a Federación Galega de Caza durante este ano.

O curso, orientado especialmente a xefes de cuadrilla, pero indicado para tódolos cazadores interesados en formarse en materia de seguridade, incluirá os seguintes bloques didácticos: Organización da cacería, Lexislación cinexética, Armas e municións e, finalmente, unha mesa redonde de debate sobre a seguridade nas cacerías e a sinistralidade.

O praxo de inscrición remate o vindeiro 9 de xuño ou cando se cumpra o cupo máximo de 100 prazas establecidas. Os interesados poderán formalizar a súa inscrición dirixíndose á Federación Galega de Caza en Pontevedra, ben chamando ao teléfono 986852300 ou enviando un correo electrónico ao enderezo pontevedra@federaciongalegadecaza.com

Descargar Programa

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.