Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAN DE OURO
Campións en Mazaricos
3/6/2014

IV Campionato “Can de Ouro” Costa da Morte nas modalidades de Cans de Rastro sobre Coello, Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril e Cans de Parada

O pasado 31 de maio, celebrouse nos Tecores C10.095 de Mazaricos, Monte da Ruña, e no Tecor C-10.129 de Carnota,  o 4º Campionato “Can de Ouro” Costa da Morte,  nas modalidades de “Cans de Parada”, “Cans de Rastro atrelados sobre xabaril” e “Cans de rastro sobre coello”, todas elas, puntuables para a Copa Galicia e organizadas polo Clube “Amigos dos Cans de Caza” en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña, a Sociedade de Caza “Halcón de Mazaricos”, a Sociedade de caza “El Horreo” de Carnota e o Concello de Mazaricos.

A competición arrancou coa concentración dos participantes na modalidade de rastro sobre coello en Carnota, e en onde se reuniron un total de 16 lotes, repartidos en 5 campos, e xulgados por 5 xuíces: Ramón Bertoa Suarez, Ángel Sanandrés Fuentes, José Mª Álvarez Villar, Ramón Barreiro Varela e José Moure Caneda e o auxiliar de xuíz Ramón Collazo Oujo. O primeiro posto foi para Carlos Casas Cambón, acompañado por 4 beagles “Eros, Era, San e Tula”, obtendo o premio de Can de Ouro e o título de campión da proba con 580 puntos. O segundo clasificado, foi José A. Fernández Alves, con “Lassie, Boby, Mora e Rata”, con 520 puntos. O terceiro posto da clasificación foi recaer en José Javier Suárez Rama e o seu lote de beagles, “Milda, Lor, Bil e Baco” cunha puntuación de 480 puntos.

O galardón, para o mellor can de rastro sobre coellodo campionato foi para “Eros”  propiedade de Carlos Casas Cambón

A concentración dos participantes de rastro de xabaril comezou ás 8 da maña, participando un total de 24 cans. A proba foi xulgada polos xuíces Alejandro González González e Mario Dios Rodríguez.

O primeiro posto foi para o lucense Iván Fernández Pereira con“Pulga” obtendo o premio Can de Ouro e o título de campión da proba con 265 puntos.

O segundo e terceiro posto foi para Antonio Sánchez Sesto con “Lua” e con “Tito”, obteniendo 251,5 e 249 puntos, respectivamente.

A proba de Cans de Parada disputouse nos montes de Mazaricos, participando un total de 28 cans en razas británicas e 4 en continentais. Foron xulgados por Marcial Ramil e Esteban Cambón. En Británicos o primeiro clasificado e por tanto campión da proba, Pedro Rodríguez Sanjurjo co setter “Ada”, cunha puntuación de 1º excelente, acadando o premio de Ouro. O segundo posto foi para José Luis Méndez Tesouro con “Arco de Bidesa“, con unha puntuación de 2º Moi Bo. O terceiro posto da clasificación foi para Carlos Lalín coa súa pointer “Agra de Torres da Varela”, con unha puntuación de 3ª Moi Bo.

En razas Continentais o primeiro clasificado foi José Vicente co braco alemán “Demon de Mirandaola” cunha puntuación de 1ª Moi Bo. O mesmo concursante conseguiu a segunda praza con “Aris de Poldarriba”, cunha cualificación de 2ª Moi Bo.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá

PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR
29/10/2024
Ramón Carballido con “Mouro” gañador do provincial pontevedrés de caza menor


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza