De conformidade co establecido nos Estatutos da Federación Galega de Caza, o Presidente, Javier Nogueira, ven de convocar a tódolos asembleístas á vindeira asemblea xeral ordinaria, que terá lugar mañá sábado, día 21 de xuño, ás 10,00 h. en primeira convocatoria, e ás 10,30 h. en segunda convocatoria, no Salón de Actos da Secretaría Xeral para o Deporte, sito no Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 4, en Santiago de Compostela.
A orde do día será a seguinte:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
- Estudio e aprobación, se procede, das contas anuais correspondentes ao exercicio 2013 (Balance de Situación, Conta de Perdas e Ganancias, Liquidación de Orzamentos e Memoria explicativa do exercicio), e informe Auditoría.
- Aprobación, se procede, da Memoria de Actividades 2013.
- Aprobación, se procede, do Calendario e Normativa de Competicións 2014.
- Propostas dos Presidentes Provinciais conforme aos Estatutos da FGC.
- Informes varios de Presidencia.
- Rogos e Preguntas.
Recórdaselle a tódolos asembleístas que poden consultar e descargar toda esta documentación a través desta mesma páxina web, introducindo a clave que recibiron por correo postal na súa convocatoria.