Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CURSOS
Extraordinaria participaci贸n nos Cursos de Seguridade celebrados en Lugo
7/7/2014

Coincidindo coa Feira de Caza, Pesca e Natureza, a Federación Galega de Caza através da súa delegación de Pontevedra, celebraba o I Curso de Seguridade: Formación de Responsables nas Cacerías. Este primeiro curso xa apuntou un extraordinario poder de convocatoria, creando un enorme interese na matería por parte dos cazadores galegos.

Estes datos véñense de confirmar esta pasada fin de semana coa celebración dos dous dos tres cursos que se desenrolarán na provincia lucense neste mes.

O sábado día 5 de xullo, no Hotel Méndez Núñez sito no centro da capital lucense, tiña lugar dito Curso de Seguridade que congregaba a 213 persoas. Cazadores, xefes de cuadrillas, directivos de sociedades, etc. abarrotaban o salón deste hotel lucense no que o público escoitou os diferentes relatorios e foi moi participativo na mesa redonda.

Inauguraban o curso María Eugenia Gasalla, Xefa de Servicio de Conservación da Natureza de Lugo e Francisco López Penelas, presidente da Federación Galega de Caza en Lugo, para dar pasa aos relatorios impartidos por Jaime Lage, Mari Carmen Díaz e José Luis Valcárcel.

Na xornada dominical de onte 6 de xullo, era o concello de Xove o que acollía este segundo curso congregando a 103 cazadores. Nesta ocasión, a Francisco López Penelas acompañábao na inauguración José Ramón Canoura, expresidente da Sociedade de Caza Azor por ser a sociedade anfitrioa. Os relatorios eran impartidos por Mari Carmen e Silvia Díaz Fernández, Jaime Lage e María Teresa González.

As mesas redondas de ámbolos dous cursos foron moi participativas intervindo os diferentes relatores e membros do SEPRONA da Garda Civil, todos eles moderados polo presidente provincial da FGC Francisco López.

Esta vindeira fin de semana terá lugar o sábado día 12 en Monforte de Lemos o terceiro e derradeiro Curso de Seguridade celebrados en Lugo. Nesta mesma xornada tamén se celebrará en Pereiro de Aguiar, Ourense, o primeiro curso nesta provincia. O venres 11 en Narón celebrarase o I Curso de Seguridade de A Coruña e o domingo 13 na localidade pontevedresa de Ponte Caldelas o segundo en Pontevedra. 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

.
17/04/2019
Rectificaci贸n

#DIADAMULLER
08/03/2019
A Federaci贸n Galega de Caza, coa folga feminista do 8M

#ACAZATAM脡NVOTA
25/02/2019
E de caza que?

REUNI脫N XUNTA DIRECTIVA FGC
07/02/2019
A renovada Xunta Directiva da FGC marca as directices desta lexislatura despois da primeira reuni贸n de traballo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza