Falece Manuel Carballido Freire, xuíz da FGC
Lamentamos comunicar a defunci?n de Manuel Carballido Freire, xu?z de Percorridos de Caza, Compak Sporting, San Huberto e Cans de Parada da Federaci?n Galega de Caza.
A FGC lamenta profundamente a s?a perda ao tempo que lle achega a familiares e amigos o seu m?is sinceiro p?same.
A capela ardente está instalada na sala 3 do Tanatorio Noroeste, sito en Outonil s/n, Noia (A Coruña). Será soterrado mañá na Igrexa de Argalo, Noia (A Coruña), ás 17.00 horas.