30 de novembro de -0001
COELLO CARA DE CAN

O podenco de nome “Pintor” propiedade de Enrique Justo foi o gañador

Campionato de Cans de Rastro sobre coello modalidade Cara de Can

O pasado sábado 11 de outubro tivo lugar o Campionato de Rastro de Coello modalidade Cara de Can disputado no Tecor pontevedrés de “A Laxe”, organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración de dita Sociedade de Caza.

A proba acudiron un total de 18 participantes con cada respectivo can e sendo xulgados polos xuíces Juan Ángel Alonso Pérez, Roberto Carlos Costa Tellado e Honorato Martínez Couñago.

Transcorridos os termos de participación, o xurado de competición deu a coñecer a clasificación final através do Delegado de Rastro da FGC, Nicolás Castro. Foi o podenco de nome “Pintor” propiedade de Enrique Justo  Garrido o que se impuxo como primeiro clasificado. Seguiuno en segunda posición o podenco de nome “Chispita” de Carlos Martínez Bua. Martín Evangelino Carballo co podenco “Karimbo” tívose que conformar coa terceira posición da proba.

Un xantar de irmandade e a entrega de premios a que asistiu o presidente da Sociedade de Caza de A Laxe, Francisco Domínguez, xunto co presidente provincial da FGC, Francisco Couselo e o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, puxo o punto e final a este campionato.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.