Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ENTREVISTA
Javier Nogueira analizará o inicio da tempada cinexética nos micrófonos da Radio Galega
16/10/2014

O Presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, será entrevistado este sábado no programa "Caza e Pesca na Galega", que se emite de 7.00h a 8.00h nas ondas da radio pública galega.

O programa, que repasa cada semana a actualidade da caza e a pesca en Galicia, está presentado por Rodrigo Pérez Pardo e conta coa colaboración de Antón Arrojo, Director de "Galicia Cinexética", a revista da Federación Galega de Caza.

No transcurso da entrevista Javier Nogueira Diz, presidente da Federación Galega de Caza, analizará os diferentes temas da actualidade da caza en Galicia así como o inicio da tempada de caza que arrancará na nosa comunidade este domingo día 19 de outubro.

Para aqueles que non poidan escoitar en directo o programa este sábado, poderán facelo a vindeira semana cando estea dispoñible para a súa descarga dende a propia páxina web da Radio Galega, da cal se dará boa conta dende esta páxina web.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL DA FGC
22/11/2023
Asemblea Xeral da FGC e entrega de Diplomas Cursos de Formación 2023

FOMENTO E PROMOCIÓN DA CAZA
07/11/2023
A formación e fomento da caza foron puntos de encontro entre a Dirección Xeral de Patrimonio Natural e a FGC

O LOBO
05/09/2023
Lobos en Europa

LICENZAS DE CAZA
28/08/2023
Información sobre a expedición da licenza gratuita para maiores de 65 anos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza